Calendario

Eventos do mes Setembro de 2022

DOG 30/09/2022
Elección de consellos escolares

Publicada a resolución co calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares.

DOG 30/09/2022
Practicum do mestrado de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG 30/09/2022
Practicum do mestrado de secundaria

No DOG  a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do máster en profesorado de ESO.

Outros 30/09/2022
Interinidades en varias especialidades de EOI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en árabe, italiano, portugués e ruso de EOI.

Outros 30/09/2022
Actualización das validacións

Publicada unha actualización das validacións de materias da ESO e do bacharelato e e as ensinanzas de réxime xeral e as ensinanzas profesionais de música e de danza durante o curso académico 2022/23.

Outros 30/09/2022
Clubes de lectura

Na web da Consellaría publícase a convocatoria de clubs de lectura para centros de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial durante o curso 2022/23.

DOG 29/09/2022
Permisos para as eleccións sindicais

Publicada a orde que regula os permisos ao funcionariado en relación coas eleccións sindicais do 1 de decembro de 2022.

DOG 29/09/2022
Rede galega de dinamización con empresas na FP

No DOG a resolución coa relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23.

Outros 28/09/2022
Interinidades no corpo de catedráticos de música

Na web da Consellaría publícase a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades ou substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Outros 28/09/2022
Clube de ciencia

Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa “Club de Ciencia” durante o curso 2022/23.

Outros 27/09/2022
Proxecto Digicraft no teu cole

Publicada a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Digicraft no teu cole durante o curso 2022/23.

Outros 26/09/2022
Concurso sobre o 25 de novembro

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

DOG 26/09/2022
Currículo de primaria

Publicado no DOG o Decreto polo que se estabelecen a ordenación e o currículo da educación primaria. 

DOG 26/09/2022
Currículo da ESO

Publicado no DOG o Decreto polo que se estabelecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria.

DOG 26/09/2022
Currículo de bacharelato

Publica o DOG o Decreto polo que estabelecen a ordenación e o currículo do bacharelato.

BOE 26/09/2022
Cátedras nos conservatorios

Publica o BOE a anulación do nomeamento de profesorado funcionario de carreira do corpo de catedráticos de música e artes escénicas por execución de sentenza.

Outros 26/09/2022
Inmersión lingüística en inglés

Publica a Consellaría a resolución definitiva da selección de centros para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de 6º de EP e de ESO durante o curso 2022/23.

BOE 23/09/2022
Nomeamento de profesorado de secundaria como funcionario de carreira

Publica o BOE o nomeamento como funcionarios de carreira dos profesores e profesoras do corpo de ensino secundario que aprobaron as oposicións do 2020.

Outros 22/09/2022
Curso de dirección

Publicada na web da Consellaría a convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2022.

Outros 21/09/2022
Premiso da ESO ao rendemento académico

Publicadas na páxina web da Consellaría as puntuacións provisionais correspondentes aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2021-2022.

Outros 21/09/2022
Permutas provisionais do curso 2022-2023

Na web da Consellaría publícase a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente para o curso 2022/2023.

Convocatorias 20/09/2022
Revisión médica

Aberto o prazo para solicitar a participación na campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente.

DOG 19/09/2022
Axudas públicas a centros privados

Publicada a ampliación do prazo de execución e de xustificación das subvencións públicas a centros privados para dotación de aulas dixitais xunto coa á súa convocatoria para o ano 2022.

Outros 19/09/2022
Digicraft no teu cole

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto Digicraft no teu cole para o curso 2022/2023.

Outros 16/09/2022
Inmersión lingüística en inglés

Publicada a selección de centros docentes para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2022/23.

Outros 16/09/2022
Decreto de educación primaria

Publicado na web da Consellaría o borrador do decreto polo que se estabelecen a ordenación e o currículo da educación primaria.

Outros 16/09/2022
Decreto da ESO

Na web da Consellaría publícase o borrador do Decreto polo que se estabelecen a ordenación e o currículo da ESO.

Outros 16/09/2022
Decreto do Bacharelato

Publicado o borrador do Decreto polo que estabelecen a ordenación e o currículo do Bacharelato na páxina web da Consellaría.

DOG 14/09/2022
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal

No DOG os membros e a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2021/22.

Outros 13/09/2022
Formación permanente do profesorado

Publicada a convocatoria coa selección de plans de formación permanente do profesorado para o curso 2022/23.

BOE 12/09/2022
Nomeamento de funcionarios de carreira

Publicada no BOE a disposición co nomeamento de profesorado funcionario de carreira aos mestres e mestras que aprobaron a oposición do 2020.

Outros 09/09/2022
Plan director para a convivencia

Publicado na páxina web da Consellaría o Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos para o curso 2022-2023.

DOG 09/09/2022
Decreto de infantil

Publicado o Decreto polo que estabelece a ordenación e o currículo da educación infantil.

Outros 08/09/2022
Renovación de equipamentos

Anúnciase na web da Consellaría a apertura do prazo para que os centros de ensino fagan as solicitudes de renovación de equipamento mobiliario, didáctico e deportivo. 

Outros 07/09/2022
Recomendacións sobre a COVID-19

Publicadas as instrucións conxuntas da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade coas recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Outros 06/09/2022
Funcionamento das bibliotecas

Publicadas as instrucións en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2022/2023.

Outros 06/09/2022
Aulas habilitadas

Publicada a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas para o curso 2022/2023.

DOG 05/09/2022
Formación en linguas estranxeiras para alumnado

Resoltas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 destinadas ao alumnado.

DOG 02/09/2022
Axudas a centros privados para aulas dixitais

Publicada unha orde para a concesión de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais.

DOG 01/09/2022
Axudas a centros privados

Publicada a orde  pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

DOG 01/09/2022
Axudas ás bibliotecas dos centros privados

Convocadas axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura.

Outros 01/09/2022
Programa That's English! nas EOIs

Anúnciase a apertura da matrícula para varios niveis do programa de inglés That's English! nas Escolas de Idiomas.

BOE 01/09/2022
Normas para os concursos de traslados

Publica o BOE as normas procedimentais aplicables aos concursos de traslados de ámbito estatal que deben convocarse durante o curso 2022/2023.

< Setembro 2022 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario