Calendario

30/09/2022

Convocatorias Venres, 30 Setembro2022
Revisión médica

Aberto o prazo para solicitar a participación na campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente.

DOG Venres, 30 Setembro2022
Elección de consellos escolares

Publicada a resolución co calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares.

DOG Venres, 30 Setembro2022
Practicum do mestrado de FP

Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP.

DOG Venres, 30 Setembro2022
Practicum do mestrado de secundaria

No DOG  a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do máster en profesorado de ESO.

Outros Venres, 30 Setembro2022
Interinidades en varias especialidades de EOI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en árabe, italiano, portugués e ruso de EOI.

Outros Venres, 30 Setembro2022
Actualización das validacións

Publicada unha actualización das validacións de materias da ESO e do bacharelato e e as ensinanzas de réxime xeral e as ensinanzas profesionais de música e de danza durante o curso académico 2022/23.

Outros Venres, 30 Setembro2022
Clubes de lectura

Na web da Consellaría publícase a convocatoria de clubs de lectura para centros de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial durante o curso 2022/23.

< Setembro 2022 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario