Calendario
Eventos do día 03 de Xuño de 2022
Docencia nos centros privados
Publicada a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
Centros E-dixgal
Publicada a relación definitiva de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.
Tribunais das oposicións
Publicada no DOG a resolución coa composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso á función pública docente de xuño de 2022.
Interinidades en técnico en emerxencias e protección civil
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista do ciclo de técnico en emerxencias e protección civil.
Comisións porconciliación
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral.
Comisións por motivos de saúde
Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde.