Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

VIOLENCIA: NIN NA RÚA, NIN NO TRABALLO NIN NA CASA

As docentes galegas que non viven nas áreas urbanas vense discriminadas á hora de realizar a revisión xinecolóxica anual

A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría que artelle unha solución para que as traballadoras do ensino poidan realizar estas revisións na súa localidade, ou cando menos na súa comarca, para non verse obrigadas a desprazarse até unha cidade

A Consellaría segue incumprindo a obriga de velar polo uso do galego como lingua vehicular na formación do profesorado

A CIG-Ensino ten recibido numerosas queixas de docentes que asisten a cursos planificados pola administración nos que boa parte dos materiais didácticos que se empregan non están na nosa lingua

"As administracións do PP demostran co seu desleixo que a educación ten prioridade cero na súa acción de goberno"

O portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse así á parálise da LOMCE que está a aplicarse "pola porta de atrás" e sen que se debata a súa derrogación

A CIG-Ensino confirma o seu desencontro co MECD na proposta de cambios no sistema de oposicións

Na Mesa Sectorial do Estado de hoxe, 7 de novembro, o Ministerio amosou unha nula vontade de negociación e só adiantou lixeiras modificacións sobre o texto inicial

A CIG-Ensino demanda o incremento de centros cualificados como de especial dificultade

Tras o compromiso obtido na Mesa Sectorial de revisar a orde que actualiza a relación destes centros, o sindicato trasladou á Consellaría as súas propostas e urxe a publicación da orde e os efectos retroactivos

Publicada a orde do CXT

Prazo de presentación do 7 ao 27 de novembro (15 días hábiles)

Na Mesa de Negociación das vacantes do Concurso Específico de Orientación a CIG-Ensino consegue que a Consellaría aumente 42 prazas

Negociación coa Consellaría logo da proposta da CIG Ensino na Mesa Sectorial do 24 de outubro

A CIG-Ensino rexeita a proposta de acreditación para o acceso á docencia universitaria da ANECA por centralista e pouco transparente

O sindicato nacionalista entende que a unilateralidade do MECD nesta proposta supón unha imposición que lamina a autonomía universitaria e pretende utilizar a acreditación para converter a ANECA nunha sorte de tribunal central único

A Consellaría volve burlarse da representación sindical dos docentes galegos

Anuncia a oferta de emprego público docente obviando á representación sindical

O Ministerio presenta unha proposta de modificación transitoria do Real Decreto de acceso á función pública docente

A proposta non colma as demandas do colectivo de profesorado interino

Modificación dos permisos de maternidade e paternidade

Modificacións presentadas pola Xunta de Galiza na Mesa Xeral do 19 de outubro

Quizais quixo dicir:

< Xuño 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Outros 12 Xuño 2025
Horarios e lugares das oposicións

Publica a web da Consellaría as datas, horas e lugares das oposicións docentes do 2025.

DOG 11 Xuño 2025
Premios na ESO ao rendemento académico

Publica o DOG a orde  coa convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25.

DOG 11 Xuño 2025
Oferta de FP para o curso 2025-2026

Publicada na web da Consellaría a oferta das ensinanzas de formación profesional para o curso 2025-2026.

Outros 11 Xuño 2025
Distribución de profesorado nas oposicións

Distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nas oposicións do 2025.

DOG 10 Xuño 2025
Oferta de FP

Publica o DOG o anuncio da actualización da oferta de FP do sistema educativo en centros públicos para o curso académico 2025/26.

DOG 10 Xuño 2025
Proxecto E-dixgal

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros participantes no proxecto E-Dixgal durante o curso 2025/26.