Publicada a resolución dos prazos do CADP
Recorda a obrigatoriedade de participar no concurso e presentalo na sede electrónica
Convocatoria.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticose profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música eartes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas edeseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na ComunidadeAutónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ouconcelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que soliciteo reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B). Ligazón
Recordade a obrigatoriedade de participar e de presentar as solicitudes na sede electrónica
Prazos
Do 27 de xuño ao 17 de xullo
Resolucións
Provisionais: 27 de xullo mestres e 31 de xullo secundaria.
Definitivas: o 3 de agosto en mestres e o 11 de setembro en secundaria.
Reclamacións e renuncias
Primaria: dous días hábiles desde a resolución provisional ao través da sede electrónica.
Secundaria: até o tres de setembro desde o 31 de xullo
Toda a información dos dous concursos nas seguintes ligazóns
Táboa con todos as datas
DATA | DESCRICIÓN |
26/06 | DOG. Publicación da resolución de apertura de prazos de destinos provisionais |
02/07 | Relación provisional de profesorado obrigado a participar no CADP |
09/07 | Remata o prazo para reclamar a lista de profesorado obrigado a participar |
16/07 | Profesorado interino. Comeza o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións |
17/07 | Remata o prazo de presentación de solicitudes do CADP |
OPOSICIÓNS | 2 días hábiles para que quen aprobou as oposicións presente solicitudes (incluída nova instancia do persoal interino) |
26/07 | Relación definitiva de profesorado obrigado a participar no CADP |
27/07 | Previsto: resolución provisional do CADP do corpo de mestres |
31/07 | Previsto: Remata o prazo de reclamacións no corpo de mestres. Resolución provisional do CADP dos demais corpos docentes |
03/08 | Previsto: resolución definitiva do CADP do corpo de mestres |
17/08 | Profesorado interino. Remata o prazo para limitar as provincias, e nalgúns casos concellos, para cubrir substitucións |
03/09 | Remata o prazo de reclamacións nos corpos de secundaria |
11/09 | Previsto: resolución definitiva do CADP dos corpos de secundaria |
Outras informacións.
Cadros de persoal de educación infantil, educación primaria e educación especial coa identificación do tipo de xornada dos centros e a especial dificultade. PDF