A CIG Ensino apoia ao profesorado do CEIP ADR Castelao de Rianxo e esixe solucións á Consellaría de Educación para a atención dun neno diabético

O profesorado actuou sempre de acordo ás súas obrigas e non obtivo ningunha solución por parte dos responsábeis da Consellaría

A CIGEnsino cualifica de correcta a actuación do CEIP ADR Castelao de Rianxo no tratamento educativo dun neno matriculado ao que se lle diagnosticou diabetes desde principiode curso.

O profesorado e a dirección do centro actuaron sempre conforme a lexislación educativa e convocaronreunións e en todo momentoseinformou á familia das obrigas que como docentes teñen desde o centro.

O CEIP ADR Castelao, sinalan desde a CIG-Ensino, dispón de todo aquelo que a Consellería de Educación lle esixe: medicamento refrixerado así como a participación no programa Alerta Escolar no que está dado de alta o alumno.

Pese ánon obrigatoria asistencia médica por parte do profesorado desde o centro si se convocou claustro para ver se había voluntarias para facer o seguimento demandado pola familia pero que non se ofreceu ningún persoal docente xa que consideraron que non é unha obriga do profesorado e que é a administración que ten que arbitrar as solucións.Consideración que comparte a CIG Ensino.

A CIG-Ensino apoia á comunidade do CEIP ADR Castelao ante as decisións tomadas, todas elas coordinadas coa inspección educativa e que se axustan aos cometidos da Consellería e demándalle á mesma Consellería de Educación unha verdadeira actuación coordinada entre familias, centros e sanidade para cubrir as carencias que aquí se detectan e que xa a CIG Ensino denunciou en diferentes organismos de representación.

Volver