A CIG-Ensino insta á Consellaría a solucionar a problemática dos libros de texto no CEIP Santa Baia de Boiro

Tanto o centro como a ANPA denuncian que os libros están en moi mal estado despois de tres anos de uso e que están desfasados ao non adaptarse á LOMCE.

Feijoó lanza anuncios “fume” de oposicións no Parlamento sen concretar as prazas docentes para 2018

A CIG-Ensino chama a atención sobre a ausencia no discurso do presidente da Xunta de propostas encamiñadas á recuperación dos dereitos que nos foron subtraídos nos últimos anos e que afectaron a todo o profesorado galego e á propia calidade do ensino.

A Xunta adía cada vez máis o pagamento das axudas de normalización lingüística que reciben os centros

A CIG-Ensino pídelle á administración que incremente a dotación destas axudas para poder programar minimamente actividades que promocionen o uso do galego entre a comunidade educativa

A CIG denuncia irregularidades, escurantismo e desorde nas listas de contratación do Consorcio

Nin o xerente nin a dirección xeral da función pública cumpren os seu compromisos

A CIG-Ensino pon de manifesto que os centros educativos están notando os recortes de profesorado e de medios neste inicio de curso

O Consello Federal do sindicato reuniuse esta mañá en Compostela para pór enriba da mesa todos os problemas que lles están a trasladar desde os centros educativos neste inicio de curso e que desembocan, moitos deles, na dificultade para fixar os horarios

Homenaxe a Anxo Louzao

Sábado 30 de setembro ás 14 horas

A CIG non asinará acordos sobre condicións laborais do persoal público que non supoñan recuperar dereitos

O Goberno español adiou a Mesa de Negociación das Administracións Públicas até a próxima semana

O curso escolar comeza con aumento da provisionalidade, do profesorado interino e menos funcionarios de carreira

Delegados/as da CIG-Ensino concentráronse diante da consellaría de Educación para denunciar os recortes no ensino público

Aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente

A Consellería de Educación dá de prazo 20 días naturais para adherirse á campaña de vixilancia da saúde mediante inscrición telemática

A CIG-Ensino demanda a actualización da relación de centros de especial dificultade

A CIG Ensino insta a actualizar a listaxe de arredor de 200 centros que cumpren este requisito en Galiza para que o persoal docente vexa recoñecida a súa puntuación a efectos de Concurso Xeral de Traslados

CIG-Área Pública rexeita a proposta de vincular o medre salarial do funcionariado ao PIB

Dende a CIG denunciamos que CCOO, UGT e CSIF están a negociar á marxe da Mesa Xeral de Administracións Públicas

A CIG-Ensino demanda un maior apoio da Consellaría de Educación ás Escolas de Arte de Galiza

O sindicato detecta carencias na promoción destas ensinanzas e falta de coordinación nas probas de acceso

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
DOG 10 Xullo 2025
Instrucións para FP

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2025/26.

DOG 10 Xullo 2025
Ordenación dos graos D e E de FP

Publicadas no DOS instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de FP para o curso 2025/26.

Outros 10 Xullo 2025
Concurso Eduemprende Idea 2025

Listaxe provisional de admitidos, emendas e excluídos de centros participantes no Concurso Eduemprende Idea 2025.

Outros 9 Xullo 2025
Novas seccións bilingües

Anunciada a relación definitiva de seccións bilingües admitidas e non admitidas para a incorporación de novas seccións bilingües no curso 2025/2026.

DOG 9 Xullo 2025
Fondo de acción social

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 9 Xullo 2025
Participación no CADP

A web da Consellaría publica as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025/2026.