Aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal docente

A Consellería de Educación dá de prazo 20 días naturais para adherirse á campaña de vixilancia da saúde mediante inscrición telemática

A Consellería de Educación vén de publicar na páxina web a información para que o profesorado se inscriba na Campaña de Vixilancia da Saúde programada para o actual curso 2017/2018, unha vella reivindicación da CIG-Ensino que se acadou despois de varios anos de loita. Neste intres séguese reivindicando que os recoñecementos médicos se realicen na sanidade pública na liña da defensa do sector público que mantén este sindicato fronte ás intencións privatizadoras da administración galega.

A solicitude do recoñecemento médico deberá realizarse telematicamente no prazo de 20 días a contar desde o 20 de setembro de 2017 na seguinte ligazón.

 

Volver