Retribucións

»RETRIBUCIÓNS 2011

Retribucións do profesorado do ensino público para 2011

-

Retribucións 2011. Ensino público non universitario 

»DESDE A CIG ENSINO, EXIXIMOS QUE A CONSELLARÍA PAGUE OS ESCASOS SALARIOS (700€) A ESTES BOLSEIROS DE MANEIRA INMEDIATA

A Consellaría de Educación non paga o salario de outubro a 260 auxiliares de conversa

-

A actuación da Consellaría de Educación neste programa, igual que noutros, consistiu en vender fume dunha maneira irresponsábel e só pensando en sacarlle un rédito publicitario e partidista.

»FOLGA XERAL. AREA PÚBILCA

MÁIS RAZÓNS PARA IR Á FOLGA XERAL O DÍA 29 DE SETEMBRO

-

As federacións da área pública da CIG –Administración, Saúde e Ensino- veñen de manifestar, na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, reunida esta mañá en Madrid, a súa “rotunda oposición” á proposta de redución salarial presentada na mesma. Un recorte que se engade á redución do 5% imposta o pasado mes de maio e á perda de poder adquisitivo que veñen acumulando desde hai anos por mor duns incrementos salariais inferiores ao IPC real.

»MEDIDAS REGRESIVAS

A CIG-Ensino manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás medidas propostas polo goberno para afrontar a crise

-

Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, declarou hoxe tras coñecerse o anuncio do goberno central que “estas medidas van deteriorar aínda máis a prestación dos servizos públicos entre eles o ensino” e que se está poñendo en marcha unha política gravísima de “adelgazamento da administración educativa”. Por iso, asegura que “non estamos dispostos a asumir estas medidas baixo ningún concepto” e anuncia que se emprenderán mobilizacións para paralizar a súa aplicación, sen desbotar ningún tipo de medida, incluída a convocatoria de folga. 

»XUBILACIÓN ANTICIPADA 2010

A CIG-Ensino segue a loitar para que o profesorado teña o dereito indefinido de acceder á xubilación anticipada

-

A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido levamos a cabo diferentes campañas apoiadas por miles de sinaturas nas que o profesorado exixe este dereito, ao mesmo tempo que reclama mellorar as gratificacións. Unha vez que o remate do período de implantación da LOE remata en 2011, para a CIG-Ensino será unha prioridade conseguir durante este curso o dereito indefinido a poderse acoller á xubilación anticipada, así como mellorar a gratifi cación no camiño de que a suma da cantidade percibida pola gratifi cación e maila de pensión teña que ser semellante ao salario que se percibiría de estar en activo. Isto é fundamental para que se incremente o número de profesorado que se xubile anticipadamente, repercutindo positivamente na creación de emprego coa incorporación de novo profesorado ao sistema educativo.

»ACTUALIZACIÓN ORDE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2010

Orde confección de nóminas do persoal ao servizo da administración autonómica para o ano 2010, e se actualizan con efectos 1 de xuño as contías das súas retribucións

-

Orde do 24 de xuño de 2010 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010, e se actualizan con efectos 1 de xuño as contías das súas retribucións.

»RETRIBUCIÓNS 2010 (XUÑO-DECEMBRO)

Retribucións do profesorado de ensino público para 2010 (actualizado)

-

Retribucións ensino público, profesorado non universitario, actualizado con efectos 1 de xuño despois do recorte salarial ao funcionariado. 

»ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2010

Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010

-

Orde do 14 de xaneiro de 2010 (DOG 20-01-10) pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010 

»RETRIBUCIÓNS 2010

Retribucións do profesorado do ensino público para 2010.

-

Retribucións 2010. Ensino público non universitario 

»TRIENIOS 5 ANOS ATRÁS

Últimas informacións da Reclamación de trienios (anteriores a maio de 2007) dos últimos cinco anos.

-

Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen presentou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios. Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP


Seccións

< Maio 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2026
29/05/2026
DOG 27 Maio 2026
Composición dos tribunais

Publica o DOG a resolución coa composicións dos tribunais, coas presidencias incluídas, que xulgarán as oposicións docentes do 2026.

Outros 27 Maio 2026
Proxectos en dinamización lingüística

A Consellaría publica a resolución da convocatoria nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.

Outros 27 Maio 2026
Programa PROA+

Publicadas as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+, FSE+).

Outros 27 Maio 2026
Centros E-Dixgal

Resolución definitiva cos centros adheridos ao programa E-Dixgal para o curso 2026-2027.

Outros 22 Maio 2026
Protocolo sobre o absentismo

Publica a Consellaría na súa web o protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar.

Outros 22 Maio 2026
Estadía FP no estranxeiro

Na web da Consellaría publícase a resolución do programa Estadía no estranxeiro FP.