A CIG-Ensino segue a loitar para que o profesorado teña o dereito indefinido de acceder á xubilación anticipada

XUBILACIÓN ANTICIPADA 2010

A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido levamos a cabo diferentes campañas apoiadas por miles de sinaturas nas que o profesorado exixe este dereito, ao mesmo tempo que reclama mellorar as gratificacións. Unha vez que o remate do período de implantación da LOE remata en 2011, para a CIG-Ensino será unha prioridade conseguir durante este curso o dereito indefinido a poderse acoller á xubilación anticipada, así como mellorar a gratifi cación no camiño de que a suma da cantidade percibida pola gratifi cación e maila de pensión teña que ser semellante ao salario que se percibiría de estar en activo. Isto é fundamental para que se incremente o número de profesorado que se xubile anticipadamente, repercutindo positivamente na creación de emprego coa incorporación de novo profesorado ao sistema educativo.

A CIG-Ensino segue a loitar para que o profesorado teña o dereito indefinido a acceder á xubilación anticipada


A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido levamos a cabo diferentes campañas apoiadas por miles de sinaturas nas que o profesorado exixe este dereito, ao mesmo tempo que reclama mellorar as gratificacións. A disposición transitoria segunda, apartado 8 estabelece:

"Antes de la finalización, del periodo de implantación de la presente Ley, establecido en la disposición adicional primera, el Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, procederá a la revisión del tiempo referido al régimen de jubilación voluntaria así como de los requisitos exigidos."

Unha vez que o remate do período de implantación da LOE remata en 2011, para a CIG-Ensino será unha prioridade conseguir durante este curso o dereito indefinido a poderse acoller á xubilación anticipada, así como mellorar a gratificación no camiño de que a suma da cantidade percibida pola gratificación e maila de pensión teña que ser semellante ao salario que se percibiría de estar en activo. Isto é fundamental para que se incremente o número de profesorado que se xubile anticipadamente, repercutindo positivamente na creación de emprego coa incorporación de novo profesorado ao sistema educativo.

O recoñecemento ao labor docente como a aposta por crear emprego son argumentos suficientes para consolidar, de vez, este dereito que se vén prorrogando repetidas veces desde que se recolleu na LOXSE en 1991. Temos que consolidar este dereito para non continuar na incerteza e na provisionalidade de até agora.

Por outra parte, un ano máis, a Consellaría de Educación continúa sen mellorar a xubilación anticipada e persiste en non querer negociar unhas novas gratificacións que superen as actuais, acordadas no ano 2000 cunha minoría sindical (CCOO e ANPE). Naquel momento, as gratificacións pactadas en Galiza xa estaban por debaixo das que percibía o profesorado noutros territorios do estado español.

Se ao anterior lle engadimos o feito de que as achegas do MEC só se incrementaron nun 10% desde que está en vixencia a modalidade de xubilación anticipada (1992) e de que, o IPC, desde ese ano, medrou un 74,84%, a conclusión é clara: o incremento da gratificación nin sequera se actualizou de acordo coa inflación real. Todo isto referendado polo acordo subscrito o 20 de outubro de 2005 en Madrid.


Propostas de CIG-Ensino para a xubilación anticipada

 Dereito indefinido á xubilación anticipada.

Dereito á gratificación con 25 anos de servizo: O obxectivo primordial é acadar un acordo que supoña que o profesorado que se xubila anticipadamente perciba as mesmas retribucións que percibiría se estivese en activo até os 65 anos. De tal maneira que a gratificación a percibir sumada á pensión correspondente sexa igual ás retribucións que se percibirían de seguir en activo.

Vacantes: Todas as vacantes producidas como consecuencia de xubilacións anticipadas serán ofertadas e non amortizadas. Así melloraría a mobilidade do profesorado definitivo e propiciaría un incremento de postos de traballo que facilitarían a colocación e, polo tanto, un acordo de estabilidade para o profesorado interino.

Xubilación obrigatoria aos 65 anos. Isto facilitaría a creación de emprego e máis posibilidades de estabilidade para o profesorado interino. Só se contemplaría ampliar a vida laboral no caso de que non teña cotizado o tempo necesario.

Mellora das pensións: . Mellora das actuais pensións a todo o profesorado, dereito a percibir o 100% do haber regulador con 30 anos de servizo, no horizonte de acadar unha xubilación co 100% das retribucións.

Redución horaria a maiores de 55 anos: o profesorado maior de 55 anos poderá acollerse á redución do horario lectivo até un 50% sen ningunha diminución retributiva.

CIG-Informa Xubilación e Retribucións
Cartaz Xubilación
Alternativas á Crise

Volver