Retribucións

»RETRIBUCIÓNS DO ENSINO PÚBLICO PARA O 2009

Retribucións do profesorado do ensino público para o 2009

-

Documento coas retribuicións para o profesorado do ensino público non universitario para o 2009, segundo a orde de confección de nóminas. (DOG de 23 de xaneiro de 2009) 

»ORDE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2009

Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas 2009

-
Orde do 16 de xaneiro de 2009 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2009 e Corrección de erros venres 6 de febreiro
»CRISE ECONÓMICA

Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

-

A campaña da CIG contra a crise económica culminará, nesta primeira etapa, con manifestacións en toda Galiza o 13 de novembro

»TRIENIOS DO PROFESORADO INTERINO.

Cobro de trienios do profesorado interino

-

Logo da publicación no DOG do pasado luns 14 de maio da Orde que recoñece o pagamento de oficio dos trienios a todo o persoal interino da Xunta de Galiza, o 18 de maio aparece no DOG a Orde onde se ditan normas relativas ao cobro de trienios por parte do profesorado mencionado. Tal e como reclamara e xa adiantara a CIG-ENSINO o pagamento efectuarase de oficio.

»CIG-INFORMA: RETRIBUCIÓNS (XANEIRO 2008)

CIG-Informa Retribucións. Xaneiro 2008

-

Mentres os nosos salarios se ven incrementados soamente nun 2% para o ano 2008, a infación do ano 2007 supera o 4,3%. É dicir, os nosos salarios desvalorizáronse nin máis nin menos nun 2,3% nun ano. Esta situación ten as súas orixes nos acordos asinados reiteradamente polo goberno central con CCOO, UGT e CSIF, nos que se fixa un incremento para todos os empregados e empregadas públicas nun 2%, segundo o IPC previsto, cando ano tras ano o IPC real é sempre superior ao previsto. 

»RETRIBUCIÓNS 2008

Retribucións do profesorado do ensino público para o 2008

-

A Xunta ven de publicar, para coñecemento do profesorado, os anexos que afectan ás súas retribucións e que se inclúen na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xaneiro de 2008 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración

»COMPLEMENTO DE FUNCIÓN TITORIAL E OUTRAS FUNCIÓNS DOCENTES

Complemento de función titorial e outras funcións docentes (DOG 24-7-07)

-

Complemento de función titorial e outras funcións docentes (DOG 24-7-07)

»CIG_INFORMA ACORDO PAGAS EXTRA

CIG-Informa Acordo Retributivo Pagas extra 11-06-07

-

CIG-Informa sobre o Acordo Retributivo asinado pola CIG en Galiza, polo que se inclúen nas pagas extra unha porcentaxe do complemento específico chegando ó 100% en nadal de 2009, mellorando substancialmente o acordo asinado en Madrid por outras organizacións sindicais e o MAP. 

»ACORDO RETRIBUTIVO PAGAS EXTRA 2007 GALIZA 11-06-07

Texto do Acordo retributivo "PAGAS EXTRA" Galiza 11-06-07

-

Texto do Acordo retributivo referente ás pagas extra asinado pola CIG e outras OOSS coa consellaría de Presidencia, Admón Públicas e xustiza o 11 de xuño de 2007 


Seccións

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
12/10/2026
Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Que non te líen, ti elixes!'

Publica a web da Consellaría a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2026/27 no programa educativo 'Que non te líen, ti elixes'.

Outros 8 Outubro 2026
Programa 'Medrando entre culturas'

Publicada a onvocatoria do programa piloto “Medrando entre culturas” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Club de ciencia

Resolución provisional na web da Consellaría cos centros participantes no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 7 Outubro 2026
Programa Navega con rumbo

Publicada a resolución definitiva cos centros seleccionados para participar na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo no curso 2026-2027.

Outros 6 Outubro 2026
Exposición sobre Neira Vilas

A Consellaría convoca un concurso de exposicións sobre o escritor Xosé Neira Vilas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2027, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.

Outros 5 Outubro 2026
Docencia no grao superior de mobilidade

Anuncia a Consellaría a convocatoria dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2026/27.