
Cobro de trienios do profesorado interino
TRIENIOS DO PROFESORADO INTERINO.
Logo da publicación no DOG do pasado luns 14 de maio da Orde que recoñece o pagamento de oficio dos trienios a todo o persoal interino da Xunta de Galiza, o 18 de maio aparece no DOG a Orde onde se ditan normas relativas ao cobro de trienios por parte do profesorado mencionado. Tal e como reclamara e xa adiantara a CIG-ENSINO o pagamento efectuarase de oficio.
Informacións sobre o cobro de trienios por parte do profesorado interino e de relixión.
A Consellaría vén de publicar a Orde que dita normas relativas para o cobro de trienios do profesorado interino e de relixión (DOG de 18 de maio). Tal e como reclamara e xa anticipara a CIG-ENSINO o pagamento efectuarase de oficio. Podes consultar a Orde desde aquí.
O pasado luns 14 de maio publicouse no DOG a Orde pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento de trienios ao persoal funcionario interino ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza. Nela recoñécese o pagamento de oficio dos trienios a todo o persoal interino da Xunta de Galiza.
(Desde aquí poderás consultar o DOG) .
Agora, a Consellería de Educación publicará a súa propia orde para concretar especificamente no sector do ensino como se vai aplicar o recoñecemento dos trienios. Esta Orde responde tamén á iniciativa da CIG-Ensino de evitar reclamacións individuais como xa acontecera hai uns anos co cobro das vacacións non disfrutadas.
Despois de moitos anos, e a pesar do pésimo acordo entre as organizacións sindicais estatais CC.OO, UGT e CSIF e o Ministerio de Administración Públicas previo á tramitación parlamentar do Estatuto Básico do Empregado Público (acordo no que, como é sabido, se excluía ao persoal interino do conro de trienios), unha vella demanda da CIG vaise ver cumprida. Todo o profesorado interino terá dereito ao recoñecemento da antigüidade. Os efectos serán desde o 13 de maio.
Podes acceder a toda a información sobre o acontecido na negociación final nas Cortes Xerais e o papel xogado pola CIG-Ensino para conseguir o dereito a cobrar os trienios por parte do persoal interino desde aquí
Para calquera aclaración ponte en contacto co local da CIG-Ensino da túa comarca.
Ligazóns de intere
Información
Modelo de solicitude
Xestións feitas para conseguir o cobro de trienios nas Cortes