Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

CRISE ECONÓMICA

A campaña da CIG contra a crise económica culminará, nesta primeira etapa, con manifestacións en toda Galiza o 13 de novembro

A campaña da CIG contra a crise económica culminará, nesta primeira etapa, con manifestacións en toda Galiza o 13 de novembro
“Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital”
A CIG vén de pór en marcha unha campaña para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demandará que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social. As asembleas en empresas e a campaña de sensibilización culminará con manifestacións, en todas as cidades de Galiza, o próximo día 13 de novembro.

Volver