Últimas informacións da Reclamación de trienios (anteriores a maio de 2007) dos últimos cinco anos.

TRIENIOS 5 ANOS ATRÁS

Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen presentou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios. Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP

Reclamación de trienios (anteriores a maio de 2007) dos últimos cinco anos.


Últimas novas.
A Consellaría de Educación está comezando a contestar ás reclamacións que se presentaron demandando o dereito a percibir o cobro de trienios por parte do persoal interino con efectos previos á entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP). As respostas están a ser de carácter desestimatorio.
Se xa tés resposta da Consellaría o recurso que procede é o contencioso administrativo perante o órgano xurisdicional correspondente no prazo de 2 meses, tal e como se che indica no escrito que vés de recibir. Na Asesoría Nacional da CIG estase a elaborar un modelo de demanda para logo pasares pola asesoría da túa comarca de afiliación e presentares o contencioso administrativo.

 

Se non recibes resposta no prazo de 3 meses logo de ter presentada a reclamación, debes ter en conta que se inicia un prazo de 1 mes para presentar o correspondente recurso de alzada se o escrito inicial ía dirixido á Delegación Provincial. 
En calquera caso, e para solventar calquera posíbel dúbida, pásate polo local da túa comarca de afiliación para obter toda a información que precises.


Contextualización.
Como sabedes, no debate nas Cortes do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) foi o BNG, a instancias da CIG-Ensino, quen presentou unha emenda para que o estatuto recollese o dereito dos funcionarios interinos a cobrar os trienios (ver as emendas presentadas e o boletín das Cortes do 13 de decembro de 2006 na seguinte ligazón da nosa páxina web: 
http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=629
Desta maneira, o EBEP recoñece o dereito do funcionariado interino (e polo tanto do profesorado en prácticas) a cobrar os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do EBEP, con efectos retributivos desde o 13 de maio de 2007 (data inicial de vixencia da Lei).
Posteriormente, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 13 de setembro de 2007 abriu a porta a que se poidan reclamar as contías dos trienios anteriores á entrada en vigor do EBEP, baseándose no principio de non-discriminación aos/ás traballadores/as temporais en relación con aqueles/as que teñen un vínculo de duración inde! nida. Esta fundamentación baséase no Acordo marco sobre o traballo de duración determinada (que ! gura como anexo
da Directiva 1999/70/CE do Consello, de 28 de xuño de 1999).
Estes antecedentes dannos argumentos para facer reclamacións individuais, co obxecto de que sexan retribuídos os servizos prestados como funcionario/a interino/a nos cinco anos anteriores á data en que se presente a reclamación, que é o prazo de prescrición das débedas da Administración galega conforme á Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galiza. O máis probábel é que as reclamacións sexan rexeitadas en vía administrativa, polo que haberá que esperar o criterio dos diferentes xulgados do contencioso administrativo.
Aquel persoal (funcionario de carreia, funcionario en prácticas ou interino) que queira facer a reclamación ou ter máis información, pode pasar ou chamar aos nosos locais.



Novas Relacionadas.

  • A CIG-Ensino, a través dunha emenda do BNG nas Cortes, conseguiu que os/as interinos/as cobren os trienios. Ligazón
  • CIG-Informa de xuño de 2008 sobre o tema. Ligazón

Volver