A Consellaría de Educación non paga o salario de outubro a 260 auxiliares de conversa

DESDE A CIG ENSINO, EXIXIMOS QUE A CONSELLARÍA PAGUE OS ESCASOS SALARIOS (700€) A ESTES BOLSEIROS DE MANEIRA INMEDIATA

A actuación da Consellaría de Educación neste programa, igual que noutros, consistiu en vender fume dunha maneira irresponsábel e só pensando en sacarlle un rédito publicitario e partidista.

A actuación da Consellaría de Educación neste programa, igual que noutros, consistiu en vender fume dunha maneira irresponsábel e só pensando en sacarlle un rédito publicitario e partidista.

Esta actuación comezou cunha carta aos auxiliares de conversa dicíndolles que “la prestación de este servicio tiene como finalidad la formación continua de los auxiliares de conversación, mejorando su conocimiento de la lengua y cultura española” e “su contenido versa sobre la enseñanza de la lengua inglesa a hablantes de español como lengua materna”. Como se pode observar, a Consellaría mostrou un desprezo total e absoluto á lingua e cultura propia do noso país, ocultándollela ás persoas que van vir a traballar cos nosos nenos e nenas.

Algúns destes auxiliares de conversa xa tiveron problemas co permiso de residencia pola falta de documentación para xustificar a mesma.

Para rematar co despropósito, os auxiliares non cobraron o escaso salario do mes de outubro (700 €).

Desde a CIG Ensino,  exiximos que a Consellaría pague os salarios a estes bolseiros de maneira inmediata e que comece a actuar con responsabilidade, tanto neste tema como noutros. 

Volver