Mesa sectorial

Máis módulos, máis alumnado por docente e máis carga de traballo. Así é a FP do curso que vén

Na Mesa Sectorial na que se ía debater o Decreto Galego de FP finalmente só se abordaron as Instrucións sobre a ordenación dos Graos D e E de FP para o curso 25/26, das que se derivará unha redución do profesorado se non se recuperan as 18 horas lectivas

Información da Mesa sectorial do mércores 18 e venres 27 de xuño

Decreto que se establece a ordenación xeral da formación profesional e as instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2025-2026.

Información da Mesa sectorial do mércores 4 de xuño

Na mesa negociáronse as axudas por formación, as licenzas por formación non retribuídas, as prazas convenio ou programa e unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres

Publicada no DOG a orde que regula o calendario escolar

Hoxe publícase a orde que regula o calendario escolar do curso 2025/2026 sen practicamente ningunha modificación con respecto ao borrador presentado na mesa

A CIG-Ensino traslada ao Ministerio o seu profundo desacordo coa dinámica creada para enredar na reforma da profesión docente

Así lle foi trasladado nunha reunión dun grupo de traballo da Mesa estatal na que se evidenciou que o Ministerio aínda non pasou da fase do enredo

O Ministerio non reducirá os prazos para a implantación da Lei de Ensinanzas Artísticas

A medida, criticada pola CIG-Ensino, veu acompañada pola rectificación ministerial na composición do Consello Superior de Ensinanzas Artística, na liña da demanda da CIG-Ensino

A CIG denuncia que o Goberno do Estado salte a Mesa Xeral de Negociación do persoal empregado público e trate de negociar un novo acordo salarial cos sindicatos estatais no dialogo social

O sindicato maioritario na Galiza alerta das consecuencias de pactos pola porta de atrás que provocaron unha perda constante do poder adquisitivo no sector público

Sen novidades na reforma da profesión docente

Información da posta en marcha dos grupos de traballo do Ministerio de Educación

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        
2026
03/09/2026
Outros 1 Setembro 2026
Instrucións para as bibliotecas escolares

Publica a Consellaría as instrucións para a organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros no curso 2026/27.

Outros 1 Setembro 2026
Clubes de lectura

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa dos clubes de lectura nos centros para o curso 2026-2027.

DOG 31 Agosto 2026
Financiamento do comedor escolar

Publica o DOG a convocatoria das axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos.

DOG 25 Agosto 2026
Catálogo de primaria

Publica o DOG a modificación das unidades e os postos de traballo docentes dos centros educación infantil, educación primaria e educación especial.

DOG 20 Agosto 2026
Adxudicación definitiva do CADP

Publicada no DOG a resolución definitiva do Concurso de adxudicación de destinos provisionais, CADP,  para o curso 2026-2027.

DOG 7 Agosto 2026
FP plurilingüe

Relación no DOG de centros autorizados para impartir ensinanzas de FP plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2026/27.