Lingua

A CIG Ensino insta á Consellaría de educación a adoptar de forma real o “.gal”

Tanto o correo corporativo como todas as aplicacións propias da administración electrónica do persoal docente seguen en “.es"

A CIG Ensino chama o profesorado galego a participar na manifestación de mañá, 17 de maio

Reivindicamos o dereito a vivirmos en galego día a día

A semana rematou coa celebración do Correlingua en Tomiño, Mondoñedo e Ourense

O xoves arredor de 2.000 rapaces e rapazas das comarcas do Baixo Miño e da Mariña participaban simultaneamente nas actividades do Correlingua e o venres a festa final trasladábase a Ourense

O Correlingua chega á meta mañá mércores 16 de maio en Vigo

Esta semana a marcha polo futuro da lingua que organizan A Mesa, a CIG-Ensino e a AS-PG fixo paradas en Monforte e Ferrol

Preto de 2.600 estudantes participaron nas actividades do Correlingua en Pontevedra e Lugo

As rúas de Pontevedra acolleron onte a carreira pola normalización do galego e hoxe tocoulle a quenda á cidade da muralla coa implicación en total de 42 centros educativos.

Arredor de 1.500 estudantes marcharon por Compostela baixo o lema “A lingua non para”

A 18ª edición do Correlingua, que durante a primeira quincena de maio está percorrendo varias localidades galegas, tivo hoxe a súa parada en Compostela.

Arredor de 6.300 estudantes participaron nas actividades do Correlingua da Coruña, O Morrazo e A Estrada

Arrancou a 18ª edición do Correlingua, a carreira pola normalización do galego que organiza cada ano a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística, e fíxoo cun grande éxito de participación.

Queremos Galego acusa a Xunta de aplicar o 155 lingüístico e anima a participar na manifestación do 17 de maio

A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

Arredor de 15.000 rapaces e rapazas participarán na 18ª edición do Correlingua

Baixo o lema A lingua non para, alumnado de todas as etapas educativas, desde Infantil a Bacharelato, volverá correr polo futuro da lingua en diferentes localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio.

Máis de 200 persoas participarán mañá nas Xornadas de Lingua e de Educación Infantil que organizan a CIG-Ensino e a AS-PG en Compostela

Estas dúas actividades de formación, que se celebrarán simultaneamente no IES AS Fontiñas en horario de 10 a 20 horas, xa non teñen prazas libres.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
27/10/2026
Outros 26 Outubro 2026
Plan Eduemprende

A web da Consellaría anuncia a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2026-2027.

Outros 23 Outubro 2026
Xira MiniCITEEC

Publicada a convocatoria da Xira MiniCITEEC nos centros docentes para o curso 2026/2027.

Outros 23 Outubro 2026
Polos en Camiño

A Consellaría convoca, para o curso 2026/2027, a actividade Polos en Camiño para os centros que conten cun Polo creativo.

Outros 22 Outubro 2026
Programa Clubes de lectura

A Consellaría achega a poposta de resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de lectura para o curso 2026/2027.

Outros 22 Outubro 2026
Estadías formativas en empresas

Publica a Consellaría a resolución da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas do profesorado de FP inicial e ás ensinanzas deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.

Outros 16 Outubro 2026
Premio Tolerancia cero contra o acoso 2026

Convoca a Consellaría o premio Tolerancia cero contra o acoso 2026.