• mondoñedo (2).jpg
  • mondoñedo (3).jpg
  • mondoñedo (5).jpg
  • ourense (2).jpg
  • ourense (9).jpg
  • ourense (10).jpg
  • tomiño (1).jpg
  • tomiño (2).jpg
  • tomiño (3).jpg

A semana rematou coa celebración do Correlingua en Tomiño, Mondoñedo e Ourense

O xoves arredor de 2.000 rapaces e rapazas das comarcas do Baixo Miño e da Mariña participaban simultaneamente nas actividades do Correlingua e o venres a festa final trasladábase a Ourense

A última semana do Correlingua, que remata xusto o día antes do Día das nosas Letras, serán Monforte, Ferrol e Vigo as localidades onde están programadas máis carreiras a favor dunha verdadeira normalización do galego tanto no ensino como na sociedade en xeral. Baixo o lema A lingua non para, miles de rapaces e rapazas están inscritos nun evento que este ano chega á maioría de idade.

Tras o seu paso por Pontevedra e Lugo, o Correlingua facía parada nas comarcas do Baixo Miño-Condado e A Mariña o pasado xoves 10 de maio. Tomiño e Mondoñedo acollían respectivamente unha actividade na que participaron arredor dun milleiro de nenos e nenas en cada localidade. 

No primeiro caso, tras a marcha tivo lugar unha festa final presentada pola actriz Isabel Risco e que contou coa actuación do grupo de canción protesta Oh Ayatollah. Tamén subiu ao escenario alumnado dos CEIP Barrantes e Pinto Antonio Fernández, así como do IES de Salvaterra. En canto á Mariña, rapaces e rapaces de todos os niveis educativos participaron primeiro nunha carreira polas rúas de Mondoñedo para rematar fronte á Catedral cunha festa, na que actuaron os grupos Cuarta Xusta, gañador do Cantalingua este ano, e As Moreninhas, formado por alumnas de orixe caboverdiana, do IES Perdouro de Burela.

O venres era a cidade de Ourense a que recibía a alumnado de centros de toda a provincia nunha carreira que percorría no medio dun ambiente festivo as rúas da cidade. Ao remate, a música multiinstrumentista Lydia Botana e Cé Orquestra Panorama amenizaban a festa final na que se visionou o vídeo gañador este ano do concurso do Correlingua na categoría audiovisual. No acto estiveron presentes os seus creadores, o alumnado da ESO do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense.

Volver