Calendario

Eventos do mes Abril de 2025

Outros 30/04/2025
Radio na Biblio

Anúncianse os centros galardoados e os correspondentes premios do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio.

Outros 29/04/2025
Suspensión da actividade lectiva

Debido ao apagamento xeral acontecido o luns 28 de abril, a Consellaría suspende a actividade lectiva durante o 29 de abril aínda que os centros educativos deben permanecer abertos.

Outros 29/04/2025
Plurilingüismo en infantil

Anúnciase a ampliación do prazo de solicitude para participar no programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2025-2026.

Outros 29/04/2025
Centros plurilingües

Ampliado o prazo para incluír novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2025-2026.

Outros 29/04/2025
PluriBach

A Consellaría anuncia a ampliación do prazo de solicitude para o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025-2026.

DOG 25/04/2025
Fondo de acción social

Publicada no DOG a resolución cos criterios de repartición e convocatoria do Fondo de Acción Social para o 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 25/04/2025
Concurso de orientación

O DOG publica a a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación en CEPs, CEIPs e CEEs.

Outros 25/04/2025
Interinidades en secundaria

Anunciada a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura e en Portugués do corpo de secundaria.

Outros 25/04/2025
Probas de acreditación en linguas estranxeiras

Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2024/2025.

Outros 25/04/2025
Interinidades na Escola de idiomas

A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir interinidades ou substitucións de Galego e Portugués na Escola Oficial de Idiomas.

Outros 24/04/2025
Instrucións para realizar a PAU

Publicadas no DOG as instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25.

DOG 23/04/2025
Concurso de educación de adultos

Resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Outros 16/04/2025
Estadías formativas en empresas

Resolución definitiva na web da Consellaría da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas para o ano 2025.

Outros 11/04/2025
Dous tribunais de Lingua galega e literatura

Por erro a Consellaría só sorteou dous tribunais na especialidade de Lingua e literatura galega, cando en realidade nesta especialidade actuarán catro tribunais polo que os dous que faltan sortearanse o 24 de abril.

Outros 11/04/2025
Premios a proxectos de innovación 2025

A web da Consellaría publica a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluidos dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.

Outros 11/04/2025
Espazos de tecnoloxía aplicada

Publicada a listaxe definitiva de proxectos admitidos na convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025.

Outros 10/04/2025
Concurso a centros de persoas adultas

A Consellaría resolve definitivamente o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Outros 10/04/2025
Admisión nas oposicións

 Publica a Consellaría as listas provisorias de persoal admitido e excluído das oposicións do 2025.

Outros 10/04/2025
Concurso de orientación

Publica a Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Outros 10/04/2025
Sorteo dos tribunais das oposicións

Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos/as vogais que conformarán os tribunais das oposicións do 2025.

DOG 08/04/2025
Bacharelato en idiomas

No DOG publícase a resolución pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2025/26.

DOG 08/04/2025
Plurilingüismo en infantil

O DOG publica a regulación do programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2025/26.

DOG 08/04/2025
Centros plurilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües para o curso 2025/26.

BOE 04/04/2025
Regulamentos en FP

No BOE publícanse aspectos específicos dos graos A, B e C das familias profesionais de Adminstración e xestión, Agraria, Informática e comunicacións e Madeira, moble e corcho.

Outros 04/04/2025
Concurso de traballo por proxectos

Convocado o XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar para o curso 2024/25.

Outros 04/04/2025
Estadías formativas en empresas

A web da Consellaría publica a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2025.

BOE 03/04/2025
Regulamentos de varias familias profesionais

Publica o BOE regulamentos de aspectos específicos dos graos A, B e C de FP das familias profesionais de Imaxe persoal, Imaxe e son, Instalación e mantemento e Química.

BOE 03/04/2025
Carta de servizos de Muface

Carta de servizos de Muface publicada no BOE

 
Outros 02/04/2025
Programa Retorna talento FP

A Consellaría anuncia a convocatoria do programa Retorna Talento FP para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de FP  no curso académico 2025/26.

Outros 01/04/2025
Probas de acreditación lingüística

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado do curso 2024/2025.

Outros 01/04/2025
Competencias dixitais do alumnado

Na web da Consellaría publícanse as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado do curso 2024-2025 de FP, artes plásticas, ESO, Bacharelato e adultos.

< Abril 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario