Calendario
Eventos do día 10 de Abril de 2025
Concurso a centros de persoas adultas
A Consellaría resolve definitivamente o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.
Admisión nas oposicións
Publica a Consellaría as listas provisorias de persoal admitido e excluído das oposicións do 2025.
Concurso de orientación
Publica a Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Sorteo dos tribunais das oposicións
Publicado na web da Consellaría o resultado do sorteo dos/as vogais que conformarán os tribunais das oposicións do 2025.