Calendario
Eventos do día 29 de Abril de 2025
Suspensión da actividade lectiva
Debido ao apagamento xeral acontecido o luns 28 de abril, a Consellaría suspende a actividade lectiva durante o 29 de abril aínda que os centros educativos deben permanecer abertos.
Plurilingüismo en infantil
Anúnciase a ampliación do prazo de solicitude para participar no programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2025-2026.
Centros plurilingües
Ampliado o prazo para incluír novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2025-2026.
PluriBach
A Consellaría anuncia a ampliación do prazo de solicitude para o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025-2026.