Calendario
Eventos do día 25 de Abril de 2025
Fondo de acción social
Publicada no DOG a resolución cos criterios de repartición e convocatoria do Fondo de Acción Social para o 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Concurso de orientación
O DOG publica a a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación en CEPs, CEIPs e CEEs.
Interinidades en secundaria
Anunciada a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en Lingua galega e literatura e en Portugués do corpo de secundaria.
Probas de acreditación en linguas estranxeiras
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2024/2025.
Interinidades na Escola de idiomas
A Consellaría anuncia a apertura de listaxes para cubrir interinidades ou substitucións de Galego e Portugués na Escola Oficial de Idiomas.