Calendario
Eventos do mes Outubro de 2018
Concurso Xeral de Traslados
Publicada no DOG a convocatoria de concurso de traslados para profesorado do corpo de catedráticos, PES, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.
Espazos Maker
Resolución provisional na web da Consellaría dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.
Interinidades en viola
Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de viola.
Exposición sobre Antón Fraguas
Convocado un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2019, Antón Fraguas Fraguas e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
Curso de formación da función directiva
No DOG a convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes.
Formación práctica en centros de traballo
No DOG a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo,
Interinidades na Escola Superior de Arte Dramática
Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia na ESAD nas especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico, iluminación e técnicas escénicas.
STEMbach
Resolución definitiva no DOG cos centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/19.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Na web da Consellaría as puntuacións provisionais dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.
Interinidades en xaponés
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de xaponés.
Interinidades en chinés
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de chinés.
Xuntas provinciais de directores
Publicada no DOG unha modificación no procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros das xuntas provinciais de directores de centros de ensino non universitario.
Resolución concurso Eduemprende
No DOG a resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2018.
FP dual
No DOG autorización para proxectos experimentais de FP dual de ciclos formativos en centros educativos en colaboración con diversas entidades.
Seccións bilingües no CMUS de Vigo
Prorrogada a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Programa Clube de Ciencia
Anunciada a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2018/19.
Coordinacións do practicum de FP
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.
Máster de secundaria
Publicada a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2018/2019.
Novos centros plurilingües
Autorizados novos centros plurilingües para o curso 2018/19.
Plurilingüismo en infantil
Relación de centros educativos autorizados para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo de infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19.
Bacharelato en especialización en idiomas
Autorizados centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2018/19.
Novas seccións bilingües
No DOG a autorización de novas seccións bilingües no curso 2018/19.
Ciclos formativos plurilingües
No DOG a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2018/19.
Robótica en primaria
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".
Novo nome para o CEIP da Igrexa
O CEIP da Igrexa, das Somozas (A Coruña), pasa a chamarse CEIP O Marbán.
Plan Proxecta
Ampliado o prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta até o venres 26 de outubro.
Probas CELGA
Fixadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018.
Curso de formación da función directiva
Na web da Consellaría o borrador da convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva.
Prácticum da formación pedagóxica do profesorado de FP
Listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.
Prácticum do máster da ESO
Listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2018/2019.
Listaxe de interinidades e substitucións
Publicadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, secundaria e profesores técnicos de FP.
Bacharelato e Baccalauréat
Publicadas no BOE instrucións relativas ao programa de dobre titulación en Bacharelato-Baccalauréat para o curso 2018/2019.
Proxectos de formación permanente do profesorado
Publicada a resolución provisional da convocatoria dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.
Interinidades en chinés
Anúnciase a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés.
Consellos escolares
No DOG o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Novas ensinanzas para un centro privado
Autorizadas novas ensinanzas no centro Eleven School de Vigo (Pontevedra).
Novo centro privado en Compostela
Autorizada a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Semente Compostela.
Semana STEM
Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.
Premios extraordinarios de bacharelato
No DOG a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.
Premio Proxecta
Na web da Consellaría a resolución definitiva pola dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Na web da Consellaría as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/2018.
Oferta educativa nas EOIs
Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas.
Recollida de documentación do CXT
As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas desde o día 8 ata o 26 de outubro en horario de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
Nomeamento de funcionarios en prácticas nas Cátedras dos conservatorios
No DOG o nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Interinidades en xaponés
Anunicada a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia nas EOIs, especialidade de xaponés.
Interinidades en navegación e instalacións mariñas
Aberta listaxe para cubrir interinidades e substitucións de secundaria na especialidade de navegación e instalacións mariñas.
Interinidades no Conservatorio
Aberta unha listaxe de interinidades e substitucións para varias especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Adxudicación definitiva de destinos provisionais
No DOG a adxudicación definitiva dos dos destinos provisionais para o curso académico 2018/19.
Nomeamento de funcionarios en prácticas
Publicado no DOG o nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o proceso selectivo de 2018.
Acordo retributivo
Por primeira vez, a Xunta publicita no DOG o acordo retributivo ao que chegou con dous sindicatos minoritarios no ensino.