Calendario
Eventos do día 03 de Outubro de 2018
Oferta educativa nas EOIs
Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas.
Recollida de documentación do CXT
As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas desde o día 8 ata o 26 de outubro en horario de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
Nomeamento de funcionarios en prácticas nas Cátedras dos conservatorios
No DOG o nomeamento como funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.
Interinidades en xaponés
Anunicada a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia nas EOIs, especialidade de xaponés.
Interinidades en navegación e instalacións mariñas
Aberta listaxe para cubrir interinidades e substitucións de secundaria na especialidade de navegación e instalacións mariñas.