Calendario
Eventos do día 23 de Outubro de 2018
FP dual
No DOG autorización para proxectos experimentais de FP dual de ciclos formativos en centros educativos en colaboración con diversas entidades.
Seccións bilingües no CMUS de Vigo
Prorrogada a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Programa Clube de Ciencia
Anunciada a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2018/19.
Coordinacións do practicum de FP
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.
Máster de secundaria
Publicada a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2018/2019.