Calendario

Eventos do mes Setembro de 2018

DOG 27/09/2018
Novas ensinanzas para un centro privado

Autorizada a ESO para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, na Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco.

Outros 27/09/2018
Inmersión lingüística en inglés

Na web da Consellaría a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2018/2019 correspondentes ao 6º curso de Primaria e á ESO.

Outros 25/09/2018
Semana STEM

Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros admitidos na actividade Semana STEM.

DOG 21/09/2018
Programa de Xogos Galegos Deportivos

No DOG a convocatoria do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos) para o curso 2018/19.

DOG 21/09/2018
Catálogo de primaria

Publicada unha corrección de erros na última publicación das unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial.

Outros 21/09/2018
Plan director para a convivencia

Publicado na web da Consellaría o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019.

Outros 21/09/2018
Interinidades en arte dramática

Anunciado o comezo do procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, especialidade de teoría teatral.

DOG 20/09/2018
Resolución do PIALE

No DOG a resolución definitiva do Programa para integral para o profesorado de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) do ano 2018.

DOG 20/09/2018
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Resolta a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2018/19.

DOG 19/09/2018
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publicada a composición da comisión de selección que valorará os méritos dos candidatos e das candidatas aos premios de ESO obrigatoria ao esforzo e á superación persoal do curso 2017/18.

Outros 19/09/2018
Revisións médicas

O 20 de setembro comeza o prazo de 20 días naturais para solicitar o recoñecemento médico.

DOG 18/09/2018
Novos catedráticos nos Conservatorios

No DOG a relación de persoal aspirante que superou o acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.

Outros 18/09/2018
English week

Resolución provisional dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week” no curso 2018/2019.

Outros 17/09/2018
Permutas en secundaria

Publicada na web da Consellaría a bolsa pola que se pode solicitar intercambiar o destino para o profesorado de Secundaria, FP e de Réxime Especial (curso 2018/2019).

Outros 17/09/2018
Ensinanza e animación sociodeportiva

Na web da Consellaría o proxecto do Decreto polo que se estabelece o currículo do ciclo formativo de grao superior de  Ensinanza e animación sociodeportiva.

DOG 14/09/2018
Probas CELGA

Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4.

Outros 12/09/2018
Instrucións para a toma de posesión dos destinos provisionais

Instrucións para a toma de posesión das prazas adxudicadas no destino provisional para o curso académico 2018/2019 para catedráticos, secundaria, PTFP, EOI...

Outros 12/09/2018
Prácticum do profesorado de FP

Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2018/2019.

DOG 11/09/2018
Máster de secundaria

No DOG  a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas.

Outros 11/09/2018
Licenzas por formación

Resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2018/2019 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Outros 11/09/2018
Premio Proxecta

Publicada a resolución provisional dos centros premiados na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018.

Outros 11/09/2018
Destinos provisionais para secundaria

Na web da Consellaría a adxudicación definitiva de destinos provisionais entre o profesorado dos corpos de catedráticos, secundaria, PTFP, EOI... para o curso 2018/2019.

Outros 10/09/2018
Plan Eduemprende

Anunciada a convocatoria dos programas do Plan Eduemprende dirixidos a alumnado e profesorado de educación primaria, ESO, bacharelato e formación profesional 2018/2019.

Outros 10/09/2018
Plurilingüismo en infantil

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos no programa Plurinfantil para o curso 2018/2019.

Outros 10/09/2018
Bacharelato en especialización en idiomas

Publicada a listaxe definitiva de centros admitidos no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2018/2019.

Outros 10/09/2018
Centros plurilingües

Listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2018/2019.

Outros 10/09/2018
Seccións bilingües

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de novas Seccións Bilingües para o curso 2018/2019.

DOG 10/09/2018
Programa CUALE

Publicada a listaxe definitiva dos centros para a participación no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, para o curso 2018/2019.

Outros 07/09/2018
Concurso de destinos provisionais (CADP)

Publicada unha disposición transitoria á orde que dita as normas para a adxudicación de destinos provisionais.

Outros 07/09/2018
STEMbach

Na web da Consellaría a relación definitiva de centros docentes autorizados para implantar o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/2019.

Outros 06/09/2018
Proxecto Radio na biblio

Convocado o  proxecto Radio na biblio para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019.

DOG 05/09/2018
Axudas a centros concertados

Convocadas axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura.

Outros 05/09/2018
Clubes de lectura

Anunciada na web da Consellaría a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2018/2019.

Outros 05/09/2018
Cátedras nos conservatorios

Na web da Consellaría a adxudicación definitiva de destinos provisionais do corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas.

DOG 04/09/2018
Prórroga da autorización a un centro privado

Prorrogada a autorización temporal do centro privado estranxeiro Montessori Compostela, de Santiago de Compostela.

DOG 03/09/2018
Novos ciclos nun centro privado

Autorizados o ciclo formativo de grao superior de Patronaxe e moda e o ciclo formativo de grao medio de Condución de actividades físico-deportivas no medio natural no CPR Liceo la Paz (A Coruña).

Outros 03/09/2018
Bibliotecas escolares

Instrucións coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares.

Outros 03/09/2018
Proxecto Biblioteca Creativa

Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa (anteriormente, Escornabots na biblioteca escolar) para o curso 2018/2019.

< Setembro 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario