Calendario
Eventos do día 11 de Setembro de 2018
Máster de secundaria
No DOG a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas.
Licenzas por formación
Resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2018/2019 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Premio Proxecta
Publicada a resolución provisional dos centros premiados na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018.
Destinos provisionais para secundaria
Na web da Consellaría a adxudicación definitiva de destinos provisionais entre o profesorado dos corpos de catedráticos, secundaria, PTFP, EOI... para o curso 2018/2019.