Calendario
Eventos do mes Agosto de 2018
Novas materias de libre configuración autonómica para ESO e Bacharelato
ORDE do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de ESO e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta. Ligazón
Listaxes do persoal que superou as oposicións 2018
ORDE do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo). Ligazón
Máis información sobre que facer unha vez aprobaches: ligazón
Currículo ensinanzas de idiomas de réxime especial
DECRETO 81/2018, do 19 de xullo, polo que se establece o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia
Modificación dalgúns concertos educativos
Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional
Cambio de nome dun centro de Redondela
ORDE do 27 de xullo de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do colexio de educación infantil e primaria Santo Paio de Abaixo do concello de Redondela
Traslado Ensinanzas FP
ORDE do 23 de xullo de 2018 pola que se trasladan ensinanzas de formación profesional