Calendario

Eventos do mes Marzo de 2018

DOG 27/03/2018
Corrección de erros na convocatoria de oposicións

Publicada unha corrección de erros na convocatoria de oposicións relativa á especialidade de servizos de restauración.

DOG 26/03/2018
Autorización de unidades nun centro privado

Autorizados novos niveis para impartir no centro privado estranxeiro O Castro International School de Mos.

DOG 23/03/2018
Cambios na puntuación de dúas funcionarias en prácticas

Publicadas as novas puntuacións de dúas funcionarias en prácticas que presentaron recursos de alzada contra o baremo das pasadas oposicións.

Outros 23/03/2018
Acceso a ciclos formativos

Listaxes de admitidos, sedes e instrucións para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Outros 23/03/2018
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado

Publicada na web da Consellaría  a convocatoria para os centros públicos participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.

Outros 23/03/2018
Premio Proxecta

Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.

Outros 22/03/2018
Acollemento de profesorado estranxeiro

No BOE a convocatoria de prazas para os centros educativos acolleren docentes estranxeiros.

DOG 21/03/2018
Convocatoria oposicións

Oposicións ao corpo de primaria: ligazón

Oposicións ao corpo de secundaria: ligazón

Toda a normativa das oposicións: ligazón

Outros 21/03/2018
Distincións para dous centros galegos

O IES Lucus Augusti (Lugo) e o CEIP de Laredo (Redondela) son distinguidos co ingreso na Orde Civil de Afonso X o Sabio segundo recolle o BOE.

DOG 19/03/2018
Avaliación de competencias

Habilitados asesores e/ou avaliadores para o proceso de acreditación de competencias profesionais. 

DOG 19/03/2018
Comisións de avaliación da acreditación de competencias

Publicada a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias.

Outros 16/03/2018
Dobre titulación de Bacharelato

Na web da Consellaría as instrucións para o desenvolvemento da proba externa da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat para o curso 2017/2018.

DOG 15/03/2018
Premios extraordinarios de Bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato para o presente curso 2017/2018.

Outros 14/03/2018
Organización das materias do Bacharelato

Anunciada a próxima publicación da Orde que regulará aspectos relativos á organización das materias do Bacharelato.

DOG 13/03/2018
Anunciada a oferta de emprego público

Publicado o decreto no DOG polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

DOG 13/03/2018
Probas para a obtención do CELGA

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

Outros 13/03/2018
Convenio de MUFACE coa Xunta

Publicado no BOE o convenio entre MUFACE e a Xunta de Galiza coa encomenda de xestión para que esta última ofereza as prestacións sanitarias.

Outros 13/03/2018
Acreditación de competencias

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso de acreditación de competencias na súa convocatoria do 2018.

Outros 13/03/2018
Concurso escolar 'Aliméntate ben'

Ampliado o prazo para os centros escolares participaren no Congreso escolar 'Aliméntate ben 2018'.

Outros 12/03/2018
Bibliotecas escolares solidarias

Na web da Consellaría a relación definitiva de centros adheridos na iniciativa Voluntariado na biblioteca escolar.

Outros 12/03/2018
Data da convocatoria de oposicións

A Consellaría informa de que o próximo mércores, día 21 de marzo, está previsto que se publique a Orde que regula o procedemento selectivo  para o ingreso e o acceso aos corpos docentes.

Outros 12/03/2018
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos en francés, cociña e pastelaría, equipos electrónicos, mecanizado e mantemento de máquinas, italiano, portugués, piano, trompa e trompeta.

Outros 12/03/2018
Modificación na listaxe de linguaxe musical

Anunciada a publicación dunha resolución que contén unha modificación da relación definitiva de persoal admitido na listaxe de linguaxe musical.

Outros 09/03/2018
Probas de acceso á universidade

Anunciada a próxima publicación da resolución pola que se ditan instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/2019.

DOG 08/03/2018
Orde das comisións de conciliación

Publicada a nova orde que regula as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar.

DOG 08/03/2018
Prazas sometidas a convenio

Convocado concurso de méritos para cubrir docentes en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación.

DOG 07/03/2018
DOG 07/03/2018
Formación deportiva a distancia

Autorizado o bloque común das actividades de formación deportiva, na modalidade a distancia, no centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra.

DOG 07/03/2018
Acordo do persoal interino e substituto

Publicada unha modificación do acordo  polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.

Outros 05/03/2018
Interinidades en linguaxe musical

Na web da Consellaría a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listaxes para impartir linguaxe musical.

Outros 01/03/2018
Concurso ComunicaTedu

Na web da Consellaría a resolución pola que se regula o Concurso ComunicaTedu para o curso 2017/2018.

< Marzo 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario