Calendario
Eventos do día 23 de Marzo de 2018
Cambios na puntuación de dúas funcionarias en prácticas
Publicadas as novas puntuacións de dúas funcionarias en prácticas que presentaron recursos de alzada contra o baremo das pasadas oposicións.
Acceso a ciclos formativos
Listaxes de admitidos, sedes e instrucións para a realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado
Publicada na web da Consellaría a convocatoria para os centros públicos participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.
Premio Proxecta
Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.