Calendario
Eventos do mes Abril de 2018
Comisións de servizo por motivos de saúde
Ampliado o primero prazo para as persoas solicitantes de comisións de servizo por motivos de saúde: agora teñen até o 3 de maio.
Premios extraordinarios de bacharelato
No DOG os membros e as instrucións para realizar as probas conducentes á obtención do premio extraordinario de bacharelato do curso 2017/2018.
Concurso para postos de escolarización de alumnado de atención preferente
Anunciada a próxima publicación no DOG dunha modificación da orde que convoca concurso de méritos para cubrir en comisión de servizos postos de escolarización de alumnado de atención preferente.
Novo ciclo de FP nun centro privado
Autorizada a impartición dun novo ciclo no centro privado Premir de Santiago de Compostela.
Nova autorización a un centro privado
Autorizada unha nova aula de educación especial para o centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor do Porriño.
Reválida de 3º de primaria
No DOG as instrucións para o desenvolvemento da reválida de terceiro curso de educación primaria.
Reválida de 6º de primaria
Publicadas as instrucións para a realización da reválida en 6º de primaria.
Reválida de 4º da ESO
Publicadas as instrucións para a realización da reválida final de educación secundaria obrigatoria.
Dirección no CRD de Vigo
Convocado concurso de méritos para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.
Organización das materias de bacharelato
Publicada no DOG a Orde onde se regula a organización das materias do bacharelato.
Programa de intercambio de alumnado
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados e suplentes para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o ano 2018.
Concurso para postos de escolarización de alumnado de atención preferente
Convocado concurso de méritos no corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente.
Financiamento dos comedores escolares
Convocadas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado.
Interinidades en matemáticas
Anunciada a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de matemáticas.
Resolución definitiva do CXT no DOG
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso xeral de traslados do 2017.
Concurso ComunicaTedu
Resolución definitiva do concurso ComunicaTedu para centros públicos.
Premio dos clubes de lectura
Concedido o premio dos clubes de lectura 2018 ao poeta Carlos Negro.
Novas seccións bilingües
No DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües no curso 2018/2019.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Publicada a resolución para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado -CUALE- para o curso 2018/19.
Orde de direccións
Publicada unha pequena corrección de erros na orde que convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros públicos.
Instrucións para a realización da proba de acceso á Universidade
No DOG as instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.
Acceso a cátedras nos CMUS
Publicado no DOG o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.
Atención a alumando con síndrome de Down
Publicada na web da Consellaría o protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Aberto o prazo para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde para o profesorado que non participou no CXT e para o profesorado interino.
Apertura de listaxe de interinidades
Anúnciase a apertura de listaxes de interinidades e substitucións para sistemas electrónicos, instalacións electrotécnicas e italiano.
Nova unidade para un centro privado
Autorizada unha nova unidade de educación especial para o centro privado Nuestra Señora del Carmen de Betanzos (A Coruña).
Fondo de acción social
Publicados no DOG os criterios de repartición do fondo de acción social do 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Auxiliares de conversa para centros concertados
Na web da Consellaría a resolución provisional das axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.
Educación de adultos
Publicada a orde pola que se regula a educación básica para as persoas adultas.
Programa Educación Responsable
Convocada na web da Consellaría a selección de centros públicos para participar no programa 'Educación responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade' no curso 2018/2019.
Cambios nas datas das concilias
Publicado no DOG o cambio que afecta este ano ao prazo para solicitar comisións de conciliación, que será do 23 de maio ao 5 de xuño.
Concurso de orientación
Resolución definitiva no DOG do concurso para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación.
Convenio de MUFACE coa Xunta para o ámbito rural
Publicado no BOE o convenio entre o Sergas e MUFACE para a prestación de determinados servizos aos mutualistas que viven en zonas rurais.
Orde de direccións
Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Resolución definitiva do CXT
Publicadas as resolucións definitivas do CXT de primaria e secundaria.
Oposicións no territorio MEC
Publicada a convocatoria de oposicións de secundaria, música, artes plásticas e FP no territorio dependente do Ministerio de Educación.
ComunicaTedu
Resolución provisional na web da Consellaría do concurso ComunicaTedu para o curso 2017/2018.
Regulación do PluriBach
Publicada a resolución pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2018/19.
Centros plurilingües
Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á rede de centros plurilingües para o curso 2018/19.
Plurilingüismo en infantil
Regulado o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil para o curso 2018/19.
Acreditación de competencias profesionais
Nomeados os asesores e as asesoras que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Adxudicación definitiva do concurso de orientación
Adxudicación definitiva do concurso de traslados para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIP e CEE.