Calendario

Eventos do mes Maio de 2018

Outros 30/05/2018
Comisións de servizo por conciliación

Ampliado un día o prazo para a solicitude das conciliacións debido a un corte nos servizos da sede electrónica: remata o 6 de xuño.

Outros 30/05/2018
Interinidades en matemáticas

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listaxes de interinidades e substitucións na especialidade matemáticas.

DOG 29/05/2018
Axudas a proxectos de fomento do uso de galego

Publicadas as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.

Outros 29/05/2018
Voluntariado de lectura-A

Na web da Consellaría os centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria) e concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria" para o curso 2017/2018.

DOG 28/05/2018
Premios na ESO ao rendemento académico

No DOG a composición do tribunal dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2017/18 e as instrucións para a realización das probas.

DOG 28/05/2018
Bacharelato e Baccalauréat

No DOG a regulación da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac para o curso 2018/19.

Outros 25/05/2018
Reclamacións á listaxe de admitidas nas oposicións

Segundo informa a páxina da Consellaría, amplíase o prazo para formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído, de xeito que o prazo rematará o 30/05/2018. 

Outros 25/05/2018
Licenzas por formación

Na páxina web da Consellaría a convocatoria das licenzas por formación para o curso 2018/2019 destinadas ao funcionariado docente.

Outros 25/05/2018
Interinidades en varias especialidades

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos e baremo definitivo nas especialidades de sistemas electrónicos, de instalacións electrotécnicas e de italiano.

Outros 24/05/2018
Comisións de servizo por conciliación

Comeza o prazo para solicitar as comisións de servizos por conciliación da vida laboral e familiar. Remata o 5 de xuño.

DOG 23/05/2018
Cátedras nos conservatorios

Publicada no DOG a composición do tribunal encargado da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música.

Outros 22/05/2018
Currículo da ESO e do Bacharelato

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo da ESO e do Bacharelato.

Outros 22/05/2018
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.

Outros 22/05/2018
Tribunais das oposicións

Na web da Consellaría a composición dos tribunais das oposicións de de ensino secundario, técnicos de FP, profesores de EOI e mestres.

Outros 22/05/2018
Admisión nas oposicións

Publicada a listaxe provisoria de persoal admitido e excluído do concurso-oposición ao corpo de secundaria, técnicos de FP, profesores de EOI e mestres.

DOG 21/05/2018
Fondo solidario de libros de texto e adquisición de material escolar

Publicada a orde onde se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado de primaria, ESO e educación especial.

DOG 21/05/2018
Selección de centros para o proxecto E-Dixgal

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/19.

DOG 16/05/2018
Concurso de literatura infantil e xuvenil

No DOG a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

DOG 16/05/2018
Interinidades en matemáticas

Publicada na páxina da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional da listaxe para cubrir substitucións e interinidades en matemáticas.

Outros 14/05/2018
Formación práctica en centros de traballo

Convocadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 11/05/2018
Edición en galego de recursos curriculares

Convocadas as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

DOG 11/05/2018
Premios na ESO ao rendemento académico

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Outros 11/05/2018
Listaxe de interinidades

Relación provisional de admitidos e excluídos na listaxe de interinidades de sistemas electrónicos, instalacións electrotécnicas e  italiano.

DOG 09/05/2018
Direccións nos CIFP

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da rede de centros integrados de formación profesional.

DOG 09/05/2018
Bibliotecas escolares

No DOG a convocatoria do plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios.

DOG 09/05/2018
Cursos CELGA

Publicada unha modificación na convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

DOG 09/05/2018
Nova autorización a un centro privado

Publicada a  autorización das ensinanzas profesionais de música no centro privado Eirís, do concello da Coruña.

DOG 08/05/2018
Novo nome para o CEIP Antonio Pedrosa Latas

O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro (Lugo) pasa a chamarse CEIP de Celeiro.

DOG 08/05/2018
Novo nome para a EOI de Viveiro

A EOI de Viveiro (Lugo) pasa a chamarse EOI de Viveiro Luz Pozo Garza.

DOG 08/05/2018
Probas de acceso á universidade

No DOG os parámetros de ponderación das materias troncais de modalidade e das materias de opción da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia.

Outros 08/05/2018
Programa EduExchanges de intercambio de alumnado

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros admitidos da convocatoria para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.

DOG 07/05/2018
Cátedras nos conservatorios

Publicada unha corrección de erros na orde  pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música. 

DOG 04/05/2018
Ensinanzas superiores de deseño

No DOG as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2018/19.

DOG 04/05/2018
Ensinanzas superiores de arte dramática

Publicadas as instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2018/19.

DOG 04/05/2018
Admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Publicadas as instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2018/19.

DOG 04/05/2018
Admisión de alumnado nos Conservatorios

No DOG as instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2018/19.

DOG 04/05/2018
Acceso a ensinanzas artístcas superiores sen ter o bacharelato

Publicadas as instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación.

DOG 03/05/2018
Corrección de erros na convocatoria de oposicións

Publicada unha corrección de erros na convocatoria de oposicións incluíndo novas titulacións para diversas especialidades.

DOG 03/05/2018
Concurso para postos de escolarización de alumnado de atención preferente

Convocada unha corrección de erros na convocatoria do concurso de méritos para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente que amplía o prazo de presentación de solicitudes ademais de incorporar novos postos.

Outros 02/05/2018
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

Publicado o procedemento que cómpre seguir para atender as reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2017/2018.

Outros 02/05/2018
Profesorado de relixión evanxélica

Anunciada a apertura dun prazo para solicitar a inclusión na listaxe de interinidades e substitucións do profesorado de relixión evanxélica tanto para primaria como para secundaria.

Outros 02/05/2018
Premio de innovación educativa

Convocado o premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para IES.

< Maio 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario