Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2018
Admisión de alumnado
Publicado o resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018/2019.
Programa de intercambio de alumnado
Publicada a resolución do programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o ano 2018.
Programa Eduemprende
Publicada a listaxe de centros seleccionados para participar no programa "Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional".
Premios extraordinarios de FP
Nomeado o xurado de dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17.
Modificación do Real Decreto de acceso
Publicada no BOE unha modificación do Real Decreto de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades.
Novo ciclo de FP nun centro privado
Autorizadas ensinanzas deportivas en baloncesto no centro Liceo La Paz da Coruña.
Admisión en distintas listaxes de interinidades
Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das listas de francés, cociña e pastelaría, equipos electrónicos, mecanizado e mantemento de máquinas, italiano, portugués, piano, trompa, trompeta e linguaxe musical.
Acceso a ciclos formativos
No DOG a composición do tribunal para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2018.
Resolución provisional do CXT
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do concurso xeral de traslados de primaria, secundaria, PTFP...
Resolución provisional do concurso de orientación
Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso para cubrir prazas nas xefaturas do departamento de orientación dos CEIP e CEE.
Máis unidades para un centro privado
Autorizada unha nova unidade de educación especial para o centro privado plurilingüe La Inmaculada, de Lugo.
Premios extraordinarios de FP
Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Novas ensinanzas para un centro deportivo
Modifica a autorización do centro Safe Formación, de Ourense, por ampliación das ensinanzas deportivas nas especialidades dos deportes de Montaña e Escalada.
Borrador da orde de acceso a cátedras no conservatorio
Na web da Consellaría o proxecto de Orde pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.
Acceso a ciclos formativos
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Anunciada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 destinadas ao alumnado.
Plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos
Publicado o acordo asinado entre a Xunta e CC.OO, CSIF e UGT para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos.
Cursos CELGA
Anúnciase a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Novo centro privado en Culleredo
Autorizada a apertura do centro privado estranxeiro British Royal School en Culleredo.
Curtas de animación en galego
Na web da Consellaría a relación de centros admitidos e excluídos nos premios a curtas de animación en galego, programa Nos tamén creamos!, para o curso académico 2017/2018.