Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2018

DOG 31/01/2018
Dous novos funcionarios en prácticas

Publicada unha corrección de erros no nomeamento de profesorado como funcionario en prácticas que inclúe dúas novas persoas.

Outros 29/01/2018
Contratos programa

Resolución definitiva dos centros seleccionados con contratos-programa en infantil, primaria e secundaria.

Outros 29/01/2018
Apertura de listaxe de interinidades

Anúnciase a apertura do prazo para apuntarse á listaxe de susbtitucións e interinidades en francés, cociña e pastelaría, equipos electrónicos, mecanizado e mantemento de máquinas, italiano, portugués, piano, trompa, trompeta e linguaxe musical.

Outros 26/01/2018
Certame Vindevídeos

Na web da Consellaría a resolución da convocatoria do Certame Vindevídeos.

Outros 26/01/2018
Bibliotecas escolares solidarias

Publicados na web da Consellaría os centros inscritos nas accións "Voluntariado na bibliotecas escolar" e "Voluntariado de Lectura-A".

Outros 26/01/2018
Puntuacións en debuxo técnico e deseño de produto

Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listaxes de interinidades e substitucións en debuxo técnico e deseño de produto.

Outros 26/01/2018
Acceso á universidade

Publicado o BOE coas características da avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade.

DOG 23/01/2018
Bacharelato para maiores de 20 anos

Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

DOG 23/01/2018
Titulo de ESO para maiores de 18

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

DOG 22/01/2018
Confección de nóminas

Publicada a orde de confección de nóminas para o ano 2018.

DOG 22/01/2018
Formación práctica en centros de traballo

Publicada a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Convocatorias 19/01/2018
Certame cooperativismo no ensino

Estabelecidas as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino.

Outros 19/01/2018
Contratos programa

Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros seleccionados con contratos-programa en infantil, primaria e secundaria.

DOG 18/01/2018
Auxiliares de conversa para centros concertados

No DOG as axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.

Outros 16/01/2018
Actualización do expediente

Aberto o prazo para actualizar o expediente por parte do persoal docente que non participase nos vixentes concursos de traslados, o persoal funcionario en prácticas,o persoal interino e substituto e o profesorado de relixión.

DOG 15/01/2018
Novo nome para o CEIP Montel Touzet

O CEIP Montel Touzet da Coruña pasa a chamarse CEIP Cidade Vella.

Outros 12/01/2018
Formación permanente do profesorado

Resolución definitiva cos centros seleccionados nos plans de formación permanente do profesorado que se van a impartir no curso 2017/2018.

Outros 12/01/2018
Proxectos con Talandia e Camboia

Convocadas axudas ao profesorado de varios centros educativos, así como axudas ao persoal e alumnado das organizacións asociadas ao proxecto dos países de Tailandia e Camboia.

Outros 12/01/2018
Auxiliares de conversa

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2018/2019 nos centros públicos.

DOG 11/01/2018
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

No DOG a resolución das axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2017/18.

DOG 10/01/2018
Inmersión lingüística en inglés

Resolta a convocatoria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, para o alumnado de sexto curso de EP e ao de ESO.

< Xaneiro 2018 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario