Calendario
Eventos do día 05 de Febreiro de 2026
Competencia dixital do alumnado
Publicadas as instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado de ESO e Bacharelato no curso 25/26.
Admisión de alumnado
Anuncia a Consellaría a data para realizar o sorteo no que se extraerá o número para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2026/2027.
Interinidades en grego e latín
Publicada a relación definitiva de profesorado admitido para cubrir interinidades e substitucións en grego e latín de secundaria.
Interinidades en acordeón, clave e fundamentos de composición
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoal admitido para cubrir interinidades e substitucións en acordeón, clave e fundamentos de composición do corpo de profesorado de música.
Vacantes provisionais do CXT
A Consellaría publica na súa web as vacantes provisionais do concurso xeral de traslados.
Baremo provisional do CXT
Até o 9 de febreiro están abertos a consultas os baremos provisionais das solicitudes de participación no concurso xeral de traslados.
Real Decreto da Inspección educativa
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se regula a inspección educativa.

