Calendario
Eventos do día 03 de Febreiro de 2026
Convocatoria do PIALE
Publica o DOG a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (PIALE) para o ano 2026.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
Convoca a Consellaría axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Certificación de ensinanzas de idiomas
Publicadas as instrucións que regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26.
Interinidades de portugués na EOI
Resolución definitiva das listaxes para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de portugués de Escola Oficial de Idioma.
Interinidades en portugués de secundaria
Convoca a Consellaría un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en portugués de secundaria.

