Calendario
Eventos do día 26 de Xaneiro de 2021
Interinidades en vela
Publica a Consellaría o anuncio de apertura de listaxes de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas deportivas de grao medio de vela no corpo de profesores de ensino secundario e de profesorado especialista.
Interinidades en física e química
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en física e química (secundaria).
Interinidades en tecnoloxía
Publicada a relación provisional de profesorado admitido e excluído e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de tecnoloxía (secundaria).
Interinidades en laboratorio
Na web da Consellaría publicada a relación provisional de persoal admitido e excluído e o baremo provisional para cubrir interinidades e substitucións na especialidade de laboratorio no corpo de PTFP.
Curtas de animación Nós tamén creamos!
Publicada a resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego do programa Nós tamén creamos!