4020 resultados

A CIG denuncia a falta de persoal nos comedores escolares de varios colexios públicos da provincia de Lugo
O CEIP de Lousada leva case unha semana sen servizo de comedor

Educación inclúe no “Acordo de renuncias” duplicar a contía das axudas por gastos de formación cando este ano só gastou o 5,65% desta partida
A CIG-Ensino critica “o cinismo” da administración após resolver a convocatoria de 2023 na que só 27 docentes en toda Galiza se viron beneficiados por unha Orde na que quedaron 94.346 euros sen gastar.

A oferta de emprego público docente da Xunta é a peor dos últimos anos
A Consellaría avanzou que a data tope para publicar no DOG a convocatoria será o 15 de febreiro e que previsiblemente as oposicións empezarán o 22 de xuño

Información da Mesa sectorial para a convocatoria das Oposicións
Toda a información da oferta de emprego e da convocatoria.

A CIG-Ensino reclama a convocatoria urxente da Mesa Sectorial para negociar as prazas das especialidades nas oposicións docentes
O sindicato considera un insulto para as miles de persoas que están agardando a coñecer esta información o atraso co que está actuando a Consellaría este ano.

Persoal dos centros de menores de Ourense Montealegre, Monteledo e Montefiz concentráronse por un convenio galego e retribucións e condicions laborais xustas
Son centros que prestan un servizo público fundamental e que, dependendo na actualidade da Fundación Diagrama, veñen padecendo a deixadez desta e da administración da Xunta de Galiza que non atende as súas demandas en connivencia coa empresa.

As traballadoras das escolas infantís mobilízanse na Coruña e Vigo na sexta xornada de folga no que vai de ano
As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volveron este martes á folga para reclamar un convenio colectivo digno.

Cero incremento de profesorado: os Orzamentos da Xunta condenan o ensino público á parálise
As contas de Educación seguen na deriva de anos anteriores, por debaixo da media do medre das contas da Xunta e perdendo relevancia

A campaña de recollida de sinaturas por un convenio galego para os centros de menores contou co apoio de máis do 60% do seu persoal
Actualmente en Galiza hai 60 centros de reforma e de protección xuvenil privados ou de xestión indirecta nos que traballan arredor de 800 traballadores/as que atenden a milleiros de menores.

Nova demostración de forza masiva das traballadoras do primeiro ciclo de educación infantil privadas ou de xestión indirecta
O colectivo de traballadoras galegas volveu saír á rúa maioritariamente para forzar a patronal a pechar xa unha negociación dun convenio digno que inclúa salarios acordes á súa responsabilidade.

As traballadoras das escolas infantís afrontan un día de loita crucial cunha gran manifestación mañá en Compostela xusto antes da reunión coa patronal o próximo luns
Despois de cinco xornadas de folga e múltiples accións reivindicativas, incluso esta mesma semana con manifestacións e concentracións na Coruña, Vigo e Compostela, o colectivo formado en Galiza por 2000 traballadoras volve mañá ás rúas con forza.

A OPE de Educación, sen previa negociación, non dá resposta ás necesidades do ensino público galego
O reparto de prazas por corpos é insuficiente, está descompensado, non chega ao límite legal fixado na taxa de reposición e nin sequera cumpre cos compromisos de temporalidade fixados pola Consellaría
páxina 26 de 310