4018 resultados
Información da Mesa Sectorial do Concurso Xeral de Traslados
Toda a información do desenvolvemento da mesa sectorial celebrada o martes 24 de outubro

Modificación dos permisos de maternidade e paternidade
Modificacións presentadas pola Xunta de Galiza na Mesa Xeral do 19 de outubro

A CIG-Ensino solicita que non se cambien os contidos nin o modelo de proba de acceso á Universidade para a materia Historia de España
A CIUG vén de enviarlle ao profesorado de Xeografía e Historia unha circular informativa sobre a materia Historia de España na que se amplían os contidos que serán avaliados nas vindeiras probas de acceso á universidade e se cambia o modelo de exame

A Consellería de Educación debe dotar os centros de persoal para garantir a atención á diversidade e as necesidades de orientación
Na Mesa Sectorial convocada o martes 24 de outubro para debater o concurso específico de Orientación demandaremos que se cubran todas as vacantes existentes e se creen todas as prazas necesarias para garantir a calidade do ensino

A CIG-Área Pública rexeita o “Acordo de Estabilidade” porque mantén a taxa de reposición e non recupera emprego público
Os orzamentos da Xunta 2018 manteñen os recortes e a precariedade na administración pública galega
A Valedora do Pobo debe dimitir ou as forzas parlamentarias forzar a súa substitución por vulnerar os dereitos lingüísticos da poboación
Membros da CIG-Ensino e representantes da Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse esta mañá diante da Oficina da Valedora do Pobo para denunciar a persecución do galego que Milagros Otero Parga realiza desde esta institución

Miles de persoas saen ás rúas de toda Galiza para denunciar a incompetencia da Xunta
Lumes Nunca Máis! Unha vaga de indignación percorre o noso país
Aprobadas as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de Secundaria e de Formación Profesional
Xúntase a Resolución do 11 de outubro de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura

Unha nova web para seguir sendo o portal de referencia do ensino galego na rede
E como non podía ser doutra forma seguimos en .gal: www.cig-ensino.gal

A CIG-Ensino chama a concentrarse hoxe luns para amosar o rexeitamento contra os incendios e os seus responsábeis

A CIG-Ensino amosa a súa preocupación polos intentos de limitar a liberdade de cátedra
Solidarizámonos co compañeiro do IES Pino Manso do Porriño, denunciamos a inxerencia da Garda Civil e esiximos que a Consellaría respalde a actuación do profesor

A CIG non asinará acordo algún con Facenda que non contemple a recuperación de dereitos
O conselleiro anunciou esta mañá que a Xunta non negociará esa recuperación

A valedora do Pobo debe dimitir por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos
Concentración o mércores 18 de outubro ás 11.30 h diante do edificio da Valedora
páxina 135 de 310