4026 resultados

Marcha atrás parcial nun dos recortes do acordo de persoal interino: as renuncias por estudos póñense co contador a cero
Logo da denuncia da CIG-Ensino e das numerosas queixas de profesorado afectado, os sindicatos asinantes do acordo e a Consellaría rectifican tan só dúas semanas após a publicación do texto no DOG

A CIG chama os sindicatos estatais a denunciaren o “pacto de perdas” do sector público que agora “critican” no sector privado
O sindicato maioritario no sector público lamenta a hipocrisía de CCOO e UGT cando critican á patronal por non pactar subas que garantan o poder adquisitivo, cando iso foi o que fixeron na administración pública

Aberto o prazo para solicitar o Fondo de Acción social desde hoxe até o 15 de maio
Tal e como denunciou a CIG un ano máis, e xa van once, mantéñense os recortes nestas axudas que se limitan exclusivamente á atención a persoas con discapacidade

Publicadas as puntuacións provisionais do concurso de méritos excepcional
O prazo de reclamacións será do 26 de abril ao 10 de maio

A CIG-Ensino lanza unha campaña polo mantemento da rede de centros e das tres modalidades de ensinanzas de persoas adultas
O sindicato pon en marcha unha recollida de sinaturas e promove acordos de claustro para garantir a continuidade das ensinanzas presenciais e semipresenciais e o mantemento de centos de postos docentes

Información das negociacións do XIII convenio estatal de centros de asistencia e educación infantil etapa 0-3
Rexeitada a segregación do XIII convenio en dous - xestión directa e indirecta, como pretendían as patronais do sector- tal e como defendeu a CIG-ensino na mesa negociadora xunto con algunha das demais OO.SS.

Tribunais do concurso oposición extraordinario
Resultado do sorteo das vogais e dos vogais dos tribunais que xulgarán o proceso
Concurso Méritos Excepcional
Información da reunión técnica coa Consellaría previa á publicación da baremación provisional

A Xunta pretende limitar as ensinanzas de persoas adultas, que cursan actualmente 10.000 persoas, nunha Lei que está sendo tramitada sen contar co profesorado
O anteproxecto céntrase exclusivamente na ensinanza a distancia, dependente dun novo organismo (o IGALVA), e que sementa a incerteza sobre a rede actual de centros con formación presencial na que traballan máis de 300 docentes.
A CIG-Ensino chama a participar nas mobilizacións de Queremos Galego en distintas vilas e cidades galegas o 17 de maio
O sindicato, que forma parte desta plataforma, xunto con outras 500 entidades, considera que a situación de emerxencia lingüística é cada vez máis grave e que cómpren cambios urxentes no ensino.

Información sobre o concurso de méritos excepcional
Unha vez publicadas as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído na participación no concurso de méritos excepcional, quedan pendentes os seguintes pasos deste proceso, que resumimos nesta información

Información da Mesa sectorial sobre a Orde de calendario escolar para o curso 2023/24
A Mesa celebrouse o día 18 de abril

Nova modificación do acordo de persoal interino: recortes, rectificacións insuficientes e unha nova oportunidade perdida para a estabilidade
páxina 39 de 310
CADP. Solicitude de non participación
Para persoal interino e substituto cunha das situación recollidas no artigo 15 do Acordo de interinas.
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
Prazo: desde o 15 de maio até o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos
< | Maio 2025 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | Domingo |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |