4041 resultados
A CIG-Ensino esixe da Consellaría que modifique a norma para que o alumnado non se vexa obrigado a cursar Relixión no Bacharelato
Denuncia que hai alumnado que ten que cursar esta materia en contra da súa vontade
Educación confirma que as oposicións comezarán o 23 de xuño
No corpo de mestres desenvolveranse as dúas partes da primeira proba o 23 de xuño, nas especilidades de secundaria e de FP a segunda parte da 1ª proba será o 27 de xuño
A Xunta, despois de numerosas sentenzas gañadas pola CIG, vese obrigada a pagarnos o subtraído da paga extra de 2013
Unha vez máis fomos capaces, coa campaña que realizamos, cos centos de reclamacións presentadas e as numerosas sentenzas gañadas, de dobregar a Xunta de Galiza
A CIG-Ensino denuncia que Educación concede un novo concerto educativo, de forma fraudulenta, á Casa do Neno
Demanda que se depuren responsabilidades e anuncia que de non facelo recorrerá ao contencioso
A CIG-Ensino denuncia que a filtración de parte da proba xeral de 3º evidencia a chambonada na que a Xunta converteu a súa aposta pola LOMCE e as reválidas
Para a CIG-Ensino estes feitos desautorizan a actuación do Goberno galego e do conselleiro
A CIG-Ensino levará á Mesa Sectorial diferentes propostas para modificar o calendario escolar para o curso 2016-2017
Tamén de se van tratar as ordes de adxudicación de destinos provisionais, entre outros temas
Preto do 82% do alumnado de terceiro de primaria auséntase dos centros para non facer a reválida
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que isto evidencia un “rexeitamento clamoroso” á LOMCE e un “estrepitoso fracaso” da Xunta de Galiza
Educación confirma un enchufe clamoroso, á vella usanza, mediante a adxudicación definitiva no CXT do profesorado
A Consellaría confírmalle o destino á actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA) na Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra, nunha especialidade e vacante inexistente na dita escola
Ao redor de 45000 rapaces e rapazas participaron na 16ª edición do Correlingua
O lema deste ano “O galego está en nós” estaba inspirado nun poema de Manuel María
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a non participar nas probas de terceiro de Primaria os días 24 e 25 de maio
Avalía como un “rotundo éxito” da comunidade escolar no seu conxunto e de “estrepitoso fracaso” da consellaría a insubmisión xeneralizada á reválida de sexto
páxina 155 de 311