A CIG-Ensino esíxelle a Consellaría unha vez máis que publique as listas de admitidas nas oposicións
A situación é moito máis grave cando só falta unha semana para a primeira das probas
A situación cada día e máis grave e non ten xustificación que a estas alturas a Consellaría de Educación non teña publicado a relación das persoas admitidas e excluídas, cando si se apresurou a publicar unha nota de prensa con número de matriculados e sen embargo os propios afectados non saben se a súa matrícula foi aceptada ou non. Segundo a orde os excluídos teñen un prazo de 5 días para reclamar que dificilmente se vai poder cumprir cando o primeiro exame está convocado para o próximo venres.
Tribunais
Así mesmo a CIG-Ensino tamén esixe que se fagan publico os lugares nos que van actuar os tribunais porque a esta altura as persoas opositoras tampouco saben onde se van ter que desprazar para facer as probas e mesmo onde se van ter que aloxar.