
A CIG-Ensino esíxelle a Consellaría que publique a lista de persoas admitidas nas oposicións
Tamén demanda que se conformen canto antes os tribunais
A CIG-Ensino denuncia e esixe que a Consellaría de Educación publique de xeito inmediato as listas coas persoas admitidas e excluídos.
Non ten xustificación que a estas alturas a Consellaría de Educación non teña publicado a relación das persoas admitidas e excluídas, cando si se apresurou a publicar unha nota de prensa con número de matriculados e sen embargo os propios afectados non saben se a súa matrícula foi aceptada ou non.
Tribunais
Así mesmo a CIG-Ensino tamén demanda que unha vez feito o sorteo dos tribunais se conformen canto antes, xa que mentres non se nomeen os presidentes non se sabe onde actuar e o profesorado non sabe a onde se vai ter que desprazar para facer as probas o que mesmo pode ocasionar problemas de hospedaxe.
Ademais as persoas que saíron escollidas no sorteo dos tribunais e que teñen causa xustificada para renunciar, ao non estar conformados aínda, tampouco saben se a súa solicitude vai ser aceptada ou non.