Ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca a toda a comunidade educativa a responder aos recortes da Xunta

Promove unha resposta descentralizada nos centros educativos na véspera do comezo das clases, o día 7 de setembro, ademais dun acto central diante da Consellaría.

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría financia no ensino concertado medidas de atención á diversidade que lle nega ao ensino público

Hoxe publícase no DOG a Orde que regula as axudas a centros privados concertados para atender a alumnado con NEAE, dotadas con 450.000 euros

A Consellaría manipula o profesorado en prácticas para procurar que asista a un acto “de benvida” non obrigatorio

Logo do fracaso da xornada dirixida ao corpo de mestres, desde a Consellaría enviouse un SMS mentindo e cualificando como obrigatoria unha actividade totalmente voluntaria e cun marcado carácter propagandístico

A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades impide o aumento de prazas dos mestrados de secundaria

A CIG evidencia unha vez máis este problema nos Consellos Sociais das Universidades de Santiago e Vigo

Incidencias na adxudicación provisional do CADP

Trasladamos información de interese logo de contactar coa Consellaría sobre algunhas incidencias que detectamos e que nos comunicades. 

Información da mesa sectorial estatal sobre a orde marco de concurso de traslados

Na mesa sectorial do estado celebrada o 26 de xullo

Publicada a resolución definitiva do CADP

Prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición

Como se reparten as prazas desertas entre os diferentes tribunais dunha mesma especialidade?

Información da CIG-Ensino sobre a reasignación de prazas entre tribunais

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Agosto 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
2026
15/08/2026
DOG 7 Agosto 2026
FP plurilingüe

Relación no DOG de centros autorizados para impartir ensinanzas de FP plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2026/27.

DOG 5 Agosto 2026
Corrección de erros nos aprobados

No DOG publícase unha corrección de erros á relación de persoal aprobado nas oposicións.

DOG 5 Agosto 2026
Profesorado en prácticas

Publicada no DOG a orde pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes que superaron as oposicións docentes do 2026.

DOG 3 Agosto 2026
Profesorado aprobado nas oposicións

Publica o DOG a orde coa relación de persoal que superou as oposicións docentes do 2026.

Outros 30 Xullo 2026
PROA+ (FSE+)

Resolución definitiva

DOG 29 Xullo 2026
EPAPU Nelson Mandela

Modificación da oferta das ensinanzas de bacharelato