Comeza o prazo para inscribirse no concurso oposición extraordinario

O prazo de inscrición será do 10 ao 30 de xaneiro

Poñemos á túa disposición un titorial para inscribirte neste procedemento selectivo

Información importante sobre a convocatoria

A oposición deste ano non dá acceso ás listas de substitucións da Consellaría de Educación para o persoal que nunca traballara e de igual forma non é obrigatorio presentarse a ela para continuar en listas.

Recordamos que aínda que non é obrigatorio, a nosa recomendación segue a ser presentarse, xa que de non facelo perderíase o dereito a unha posíbel indemnización por cese.

Nesta ligazón podes consultar toda a información relacionada con este proceso selectivo.

Volver