Ensino público

O Goberno Español, CCOO e UGT continúan empeorando as condicións do persoal empregado público

Na reunión da Mesa Xeral estatal queda en evidencia a falta de iniciativa de Función Pública e o compadreo sindical habitual

O TSXG anula a sentenza gañada pola CIG-Ensino na que se recoñecía o dereito dun docente ao permiso de 22 semanas por nacemento dunha filla

A argumentación da Sala do Contencioso Administrativo do alto tribunal galego é exactamente a contraria que a da Sala do Social do propio tribunal

A proposta da Xunta para o ensino dentro do “Pacto polo galego” é un insulto en toda regra á comunidade educativa

O documento non só non recolle a derrogación do Decreto de Plurilingüismo senón que as escasas medidas que propón limítanse a aproveitar recursos xa existentes e que nin sequera foron promovidos pola Consellaría

A Área Pública da CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

A Lei de Orzamentos para 2025 aprobada hoxe perpetúa os recortes da última década ao non garantir a recuperación do horario lectivo, a redución de ratios, a atención á diversidade e unhas retribucións dignas.

A tendencia do funcionariado de MUFACE en Galiza apunta cara a sanidade pública

As recentes incorporacións de funcionariado docente, moi maioritario no colectivo de MUFACE, xunto co avellentamento xeral das persoas mutualistas, axudan a entender a chantaxe das aseguradoras médicas

A directora xeral de FP comprométese a traer o borrador do Decreto que regule estas ensinanzas en Galiza á volta do Nadal

No mesmo día que a Consellaría anuncia unha xira provincial coas direccións dos centros para falar das novidades sobre a FP, Eugenia Pérez asegura no CGFP que aínda non teñen finalizado o anteproxecto do Decreto de ordenación destas ensinanzas.

Reunión da comisión de acreditación da competencia dixital docente

Publicarase, previsibelmente ao longo do día de hoxe, na páxina da Consellaría, a resolución provisional.

7 meses perdidos na negociación do Plan de Igualdade da Consellería de Educación

Logo de anunciar na reunión de constitución da comisión de negociación mantida en xuño que os datos estatísticos para a diagnose do plan serían os relativos ao curso escolar 23-24, agora confirman que serán os do ano natural 2024.

Concurso de Adultos (EPAPU)

Información da mesa extraordinaria do luns 25

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
04/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.