Ensino público

A Consellaría segue sen desenvolver a Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI no ensino público

No Día do Orgullo LGTBI, a CIG-Ensino lembra que 4 anos despois de aprobarse esta lei, a Consellaría comeza a introducir timidamente nos plans de estudo contidos para divulgar a realidade deste colectivo nos centros educativos.

Publicada a resolución dos prazos do CADP

Recorda a obrigatoriedade de participar no concurso e presentalo na sede electrónica

Improvisación e mala xestión nalgúns tribunais no arranque das oposicións docentes

Toda a responsabilidade é da Consellaría de Educación que debe dirixir o proceso e non deixar nas mans dos tribunais a xestión dos locais e condicións das probas

CIG-Ensino chama aos centros educativos a amosar a súa repulsa pola actuación xudicial no caso da “Manada”

O sindicato propón a aprobación de resolucións de claustros e consellos escolares

A CIG Ensino apoia ao profesorado do CEIP ADR Castelao de Rianxo e esixe solucións á Consellaría de Educación para a atención dun neno diabético

O profesorado actuou sempre de acordo ás súas obrigas e non obtivo ningunha solución por parte dos responsábeis da Consellaría

A CIG Ensino denuncia que a Consellaría mantén o financiamento no ensino concertado de profesionais dos que non dota ao ensino público

Incrementa en 360.000€ os concertos co ensino privado mediante axudas á atención educativa

A Consellería ignora un ano máis o Consello Galego de FP ao non negociar a oferta educativa de formación profesional

Como vén sendo habitual a administración emprega este órgano para informar das súas intencións de cara ao vindeiro curso pero sen tomar en consideración as achegas da representación do profesorado.

Filtran a distribución por tribunais de aspirantes á especialidade de Educación Infantil días antes da publicación das listas oficiais

A CIG-Ensino demándalle á Consellaría que extreme as medidas de seguridade nas oposicións docentes

A incompetencia da Xunta deixa a Culleredo sen mapa escolar

A falta de planificación está a provocar cambios na escolarización do alumnado

O profesorado galego mobilízase por unhas negociacións reais

Esixe unhas negociacións nas que se fale da recuperación dos dereitos e dos cartos roubados, non só da "equiparación"

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.