Calendario

Eventos do mes Outubro de 2017

Outros 31/10/2017
Formación para profesorado de FP

Publicada a convocatoria dos proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2017/2018.

Cursos 28/10/2017
Programacións didácticas para infantil, primaria e secundaria

Curso na Coruña de 10 a 14 e de 16 a 20 horas no local da CIG da Avda. de Alfonso Molina.

Cursos 28/10/2017
Orientación para a fase de prácticas

Curso na Coruña (local da CIG en Alfonso Molina) de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Daranse orientacións para a elaboración da memoria da fase de prácticas.

Cursos 28/10/2017
Programacións didácticas para infantil, primaria e secundaria

Curso en Pontevedra de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Outros 27/10/2017
Titorías do practicum de FP

Publicada a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do practicum correspondente do profesorado técnico en FP. 

DOG 27/10/2017
Listaxe de interinidades

Anunciada a apertura de listaxes de interinidades para profesorado de artes plásticas e deseño, especialidades debuxo técnico e deseño de produto.

Outros 27/10/2017
Concurso de traslados

Anunciada a publicación no DOG do 6 de novembro do concurso de traslados para mestres, secundaria, EOI, EART, PTFP...

DOG 25/10/2017
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

Convocadas as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Denuncia da CIG Ensino ao respecto

Outros 24/10/2017
Artes plásticas e deseño en ebanistería artística

Publicado o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística.

DOG 24/10/2017
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Resolta a convocatoria do plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2017/18. 

Outros 20/10/2017
Titorías do practicum

Na web da Consellaría a listaxe provisional de titores e coordinadores para o desenvolvemento do prácticum para profesorado da ESO, FP e EOI.

Convocatorias 20/10/2017
Concurso sobre a figura de Mª Victoria Moreno Vázquez

Anunciada a convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018. 

DOG 19/10/2017
Corrección de erros en listaxe de interinidades

Publicada unha corrección de erros na apertura de listaxes para cubrir interinidades en deseño de moda.

DOG 19/10/2017
Novo ciclo de FP nun centro privado

 Autorizado un ciclo formativo de grao superior no centro privado Fillas de María Inmaculada de Vigo.

DOG 18/10/2017
Formación práctica en centros de traballo

Listaxes definitivas das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. 

Outros 18/10/2017
Semana STEM

Publicada a listaxe definitiva de centros seleccionados, suplentes e excluídos na convocatoria para participar na actividade Semana STEM.

 
DOG 17/10/2017
Artes plásticas e deseño en técnicas escultóricas

No DOG o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas.

Convocatorias 17/10/2017
Listaxes de substitucións en secundaria

Na web da Consellaría as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións en secundaria e PTFP.

Outros 17/10/2017
Robótica en primaria

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitivos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

DOG 16/10/2017
Currículum de dourado, prateado e policromía

Corrección de erros no currículum de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía.

Outros 14/10/2017
DOG 13/10/2017
Autorización de ciclos a un centro privado

Autorizados varios ciclos a distancia ao centro Tándem, de Viveiro.

DOG 13/10/2017
Premios extraordinarios de bacharelato

No DOG a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17. 

DOG 13/10/2017
Técnico deportivo en vela

Convocada a proba de acceso específica ás ensinanzas de técnico deportivo en Vela para o curso 2017/18.

Outros 11/10/2017
Plan Proxecta

Ampliado o prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2017/2018. 

DOG 10/10/2017
Escultura aplicada ao espectáculo

Publicado o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura aplicada ao espectáculo.

DOG 10/10/2017
Catálogo de primaria

Corrección de erros no catálogo de unidades e postos de traballo docentes de educación infantil, educación primaria e educación especial. 

Outros 10/10/2017
Recollida de documentación do CXT

As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas do 16 a 27 de outubro de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección en Santiago (San Lázaro, 107).

Outros 09/10/2017
Proxecto Multilingüismo

Axudas de mobilidade para o profesorado dos centros seleccionados no Proxecto Multilingüísmo: A aprendizaxe de idiomas e a mellora da educación en Europa

Outros 09/10/2017
Proxecto de atención á diversidade

Axudas de mobilidade para o profesorado dos centros seleccionados no Proxecto de Atención á diversidade: Mellorando a educación inclusiva en Europa. 

DOG 06/10/2017
Titorías do practicum de FP

Convocada a acreditación de centros e persoas coordinadoras e titoras para do practicum do profesorado técnico en fomación profesional.

DOG 06/10/2017
Apertura de interinidades

Anunciada a apertura de listaxes para cubrir interinidades nas especialidades de chinés, xaponés, viola de gamba e deseño de moda.

Outros 06/10/2017
Premios de innovación educativa

Na web da Consellaría a resolución provisional de centros e proxectos premiados en "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D". 

Outros 06/10/2017
Participación na Semana STEM

Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados, suplentes e excluídos na convocatoria para participar na actividade "Semana STEM"

DOG 05/10/2017
Renovación dos Consellos Escolares

No DOG o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar nos centros de nova creación e outros

Outros 05/10/2017
Robótica en primaria

Na web da Consellaría a listaxe provisional de centros admitidos para participar no programa 'Introdución á robótica educativa en primaria'. 

DOG 04/10/2017
Ensinanzas deportivas

Publicada a oferta educativa das ensinanzas deportivas a partir do curso escolar 2017/18.

DOG 04/10/2017
Currículum de dourado, prateado e policromía

No DOG o currículum do ciclo formativo de grao superior do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía.

Outros 03/10/2017
Inmersión lingüística en inglés

Publicada a listaxe definitiva de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés, a “English Week". 

Outros 03/10/2017
Listaxes de substitucións no corpo de mestres

Na web da Consellaría as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2017/2018 do corpo de mestres.

DOG 02/10/2017
Oferta de ciclos formativos e centros de FP plurilingües

Publicada a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP), así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2017/18. 

< Outubro 2017 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario