Calendario
Eventos do mes Setembro de 2017
Comedores escolares
Concedidas as axudas para o cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAs dos centros públicos.
Destinos do profesorado dos centros suprimidos no verán
No DOG a relación do persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición resultante da supresión de varios centros.
Premios na ESO ao esforzo e á superación
No DOG a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2016/17
Acreditación de competencias profesionais
Publicada a habilitan de asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Avaliación de competencias
Publicada a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias. Ligazón
Inmersión lingüística en inglés
Listaxe provisional de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés, a English Week.
Destinos provisionais no DOG
Publicada no DOG a adxudicación definitiva de destinos provisionais en secundaria para o curso 2017-2018.
Permutas provisionais
Na web da Consellaría a listaxe de intercambios provisionais de destino para o curso 2017/2018.
Revisións médicas
Aberto o prazo para solicitar o profesorado a súa revisión médica.
Nomeamento de funcionarios en prácticas
Publicado o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que aprobaron as oposicións do 2017
Permutas en secundaria
Actualizada a bolsa de solicitantes de intercambios provisionais de destino para o profesorado de secundaria, FP, réxime especial...
Plan Proxecta
Na web da Consellaría as bases para a participación dos centros no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/2018.
Plan director para a convivencia
Na web da Consellaría o plan eirector para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2017/2018.
Programa CUALE
Na web da Consellaría a relación definitiva de centros autorizados CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).
Premios extraordinarios en música, danza, artes plásticas e deseño
Convocados os premios extraordinarios en música, danza, artes plásticas e deseño correspondentes ao curso 2016/2017
Máster de secundaria
No DOG a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en profesorado de secundaria e bacharelato, FP e idiomas
Prazo para as permutas en secundaria
Ábrese hoxe o prazo para solicitar intercambios provisionais de destino para o profesorado de secundaria, de FP e de réxime especial.
Bacharelato en especialización en idiomas
Listaxe definitiva de centros admitidos no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2017/2018.
Novos centros plurilingües
Listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos na rede de centros plurilingües para o curso 2017/2018.
Centros plurilingües en infantil
Listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos do programa plurilingüe no segundo ciclo da EI (Plurinfantil), para o curso 2017/2018.
Novas seccións bilingües
Listaxe definitiva de novas seccións bilingües para o curso 2017/2018.
Máster para profesorado de FP
O 10 de setembro remata o prazo para facer a preinscrición no curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de formación profesional.
Resolución definitiva do concurso de destinos provisionais de secundaria
Na web da Consellaría a resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18 para secundaria, PTFP...
Licenzas por formación
Na web da Consellaría a resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2017/2018.
Clubes de lectura
Na web da Consellaría a convocatoria para incentivar o funcionamento dos Clubes de lectura en centros públicos durante o curso 2017/2018.
Lectorados de galego
No DOG a adxudicación de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas. Ligazón
Bibliotecas escolares
Publicadas as instrucións en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares.