Calendario

Eventos do mes Febreiro de 2017

Outros 21/02/2017
Estadías formativas en empresas

Publicada na web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

DOG 20/02/2017
Nova autorización a un centro privado

Autorizardo o ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e comunicacións no centro privado San Miguel 2 (Vigo).

DOG 20/02/2017
Probas de acceso a ciclos formativos

Publicado o tribunal das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP.

DOG 16/02/2017
Nova autorización a un centro privado

Autorizado o incremento de 10 postos escolares no ciclo formativo de grao superior en Integración Social no centro privado San Xosé da Guía (Vigo).

DOG 16/02/2017
Máis unidades para un centro privado

O centro A Grande Obra de Atocha (A Coruña) vai ampliar unha unidade de educación especial.

Outros 16/02/2017
Admisión de alumnado

Anúnciase que o sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2017/2018 será o próximo 23 de febreiro.

DOG 15/02/2017
Confección de nóminas

Publicada no DOG a orde de confección de nóminas para o ano 2017.

DOG 10/02/2017
Apertura de interinidades

Apertura de listaxe para cubrir interinidades e substitucións en grego, latín, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos, instalacións electrotécnicas,máquinas servizos e produción, oficina e proxectos de construción e perrucaría.

DOG 09/02/2017
Probas de graduado en ESO para maiores de 18

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro.

DOG 09/02/2017
Proba de Bacharelato para maiores de 20

No DOG a convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Outros 08/02/2017
Convocatoria de oposicións

A Consellaría anuncias as especialidades nas que convocará oposicións este ano 2017.

DOG 07/02/2017
Novo centro de ensinanzas deportivas

Autorizada a apertura e funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Cented do Pereiro de Aguiar.

Outros 07/02/2017
Baremos provisionais do CXT

Publicados os baremos provisionais dos concursos xerais do concurso de traslados 2017.

DOG 06/02/2017
Novo centro de ensinanzas deportivas

Autorizada a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Tándem, de Viveiro.

Outros 06/02/2017
Acceso a ciclos formativos

Comeza a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. 

Outros 03/02/2017
Programa Clube de Ciencia

Na web da Consellaría a convocatoria do programa piloto de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o curso 2016/2017.

DOG 01/02/2017
Orde de admisión de alumnado

Publicada a orde co procedemento para a admisión do alumnado en 2º ciclo de educación infantil, primaria, ESO e Bacharelato.

< Febreiro 2017 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario